Watchmen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro marcador {{enuso}}
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}

:''Este artigo trata sobre o cómic de [[Alan Moore]], sobre a banda [[Canadá|canadiense]] vexa [[The Watchmen]].''
:''Este artigo trata sobre o cómic de [[Alan Moore]], sobre a banda [[Canadá|canadiense]] vexa [[The Watchmen]].''



Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2006 ás 11:19

Este artigo trata sobre o cómic de Alan Moore, sobre a banda canadiense vexa The Watchmen.

Portada de Watchmen #1. Por Dave Gibbons

Watchmen (Vixiantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons.

Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recopilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.

A obra gañou numerosos premios Kirby e Eisner, ademáis de ser a única novela gráfica en gañar un premio Hugo. En 2005, a Revista Time incluíuna na lista das 100 mellores novelas de entre 1923 e a actualidade.

Orixe e Personaxes

Orixinalmente, a serie surxiu coma unha forma de presentar de novo ó público as personaxes da desaparecida editorial Charlton Comics que DC Comics mercara recentemente, pero o proxecto dunha nova Liga da Xustiza de América de Keith Giffen incluía a algúns deles cun enfoque radicalmente distinto. Os autores decidiron entón crear novas personaxes, pero inspirándose nas antigas.

A continuación móstrase unha lista das personaxes principais:

Introducción

A obra é apocalíptica e terribelmente fatalista, dando unha visión escura e decadente do ano 1985 nun hipotético mundo en plena Guerra Fria e no que Richard Nixon aínda é presidente dos Estados Unidos grazas a que os americanos gañaron a Guerra de Vietnam e a que o escándalo do Watergate nunca ocorreu.

A historia xira en torno a unha conspiración que surxe a partir do asasinato dun superheroe. Arredor disto mestúranse unha chea de detalles autorreferenciais e historias aparentemente inconexas que exploran a natureza humana e os distintos puntos de vista sobre a loita entre o ben e o mal a traves das historias e relacións entre as principais personaxes, que contribúen a crear unha tensión en aumento, que estoura no derradeiro capítulo.

A responsabilidade moral é tamén un tema principal, como o demostra que a obra faga referencia á frase latina "Quis custodiet ipsos custodes" (¿Quén vixía ó vixiante?) da Sátira VI de Iuvenalis.

Watchmen mestura sen complexos violacións, golpes de Estado en Sudamérica, a Guerra de Vietnam, a homosexualidade e outros temas anteriormente tabú no xénero superheroico.

Antecedentes Históricos

Na realidade alternativa de Watchmen, os comics de superheroes foron moi populares durante a década de 1930, o que animou a algunhas persoas a convertirse en auténticos heroes disfrazados. Isto fixo que os comics de superheroes fosen reemprazados polos de piratas, dado que, xa que existían heroes de verdade, o tema xa non atraía tanto á xente. No ano 1939 un grupo de heroes decide traballar xuntos, nacendo así os Minutemen (Os homes do minuto). Os seus integrantes eran: Silueta, Silk Spectre, O Comediante, Xustiza Encarapuchada, Capitán Metropole, Búho Nocturno I, Polilla e Dólar Bill.

Pouco despois da creación do grupo este comeza a desfacerse: En 1940 O Comediante tenta violar a Silk Spectre e abandona o grupo; en 1946 a prensa revela que Silueta vive con outra muller como amante, é expulsada do grupo e seis semanas despois asasinada por un antigo inimigo; Dólar Bill morre mentras tenta deter un atraco; en 1947 Silk Spectre abandona o grupo para casar co seu axente; e Polilla é ingresado nun sanatorio mental debido ó seu alcoholismo e unha crise nerviosa. Finalmente en 1949 o grupo disólvese, aínda que por todo Estados Unidos comeza a aparecer unha nova xeración de heroes.

Anos despois, en agosto de 1959 Jon Osterman morre aparentemente nun accidente no centro de investigación no que traballa. Meses despois, o 22 de novembro dese ano, reaparece como un home alto, calvo e de pel azul. Tras a súa reaparición Jon descobre que pode crear campos de forza, transmutar e crear materia, teleportarse e mover obxetos telequinéticamente. Jon toma entón o nome de Doutor Manhattan (como referencia ó Proxecto Manhattan) e comeza a traballar para o goberno estadounidense.

As capacidades de Osterman permitíríanlle facer importantes descobrementos tecnolóxicos que cambiarán o seu mundo, creando así a maioría das diferenzas entre o mundo de Watchmen e o noso. Así mesmo, a existencia do Doutor Manhattan desestabiliza a Guerra Fría e os Estados Unidos vólvense máis agresivos. O Presidente Nixon pide a Osterman que interveña na Guerra de Vietnam, tres meses despois, a guerra remata e Vietmam convértese nun novo estado dos Estados Unidos, o que proporcionou a Nixon unha popularidade sen precedentes (o escándalo do Watergate nunca ocorreu), obtendo un terceiro e cuarto mandato presidencial.

En 1977, tras multitudinarias manifestacións en contra dos heroes enmascarados baixo o lema ¿Quén vixía ó vixiante?, apróbase a Acta Keene, que prohíbe a actuación de tódolos heroes enmascarados excepto de aqueles que traballan para o goberno (Doutor Manhattan e o Comediante). A maioría dos enmascarados retírase, excepto Rorschach, que se converte nun fóra da lei.

Argumento

En outubro de 1985, Walter Kovacs (Rorschach) investiga o asasinato de Edward Blake e descobre que Blake era en realidade O Comediante, un antigo heroe enmascarado e axente do goberno. Formulando a teoría de que o asasinato de Blake é parte dunha conspiración para elimina-los aventureiros enmascarados, Kovacs comeza a avisar a algúns dos outros heroes: Jon Osterman (Doutor Manhattan), Laurel Jane Juspeczyk (Silk Spectre II), Dan Dreiberg (Búho Nocturno II) e Adrian Veidt (Ozymandias). Juspeczyk e Dreiberg retiráronse tempo atrás debido á Acta Keene aprobada en 1977. Osterman está exempto, por ser (xunto a Blake) un axente do goberno dos EEUU. Veidt retirouse voluntariamente, en 1975 revelou públicamente a súa identidade e empregou a súa reputación e intelixencia para construir unha enorme fortuna persoal.

O mundo de Watchmen é escuro e violento, cos Estados Unidos e a Unión Soviética ó borde dun enfrentamento nuclear. Pero dende o accidente que en 1959 transformou a Osterman no superpoderoso Doutor Manhattan (a única personaxe de Watchmen con superpoderes), os EEUU desfrutan dunha considerable vantaxe estratéxica, permitíndolles forzar á Unión Soviética a unha serie de derrotas, a máis notable das cales foi a de Vietnam. Este desequilibrio incrementou dramáticamente a tensión global. Anticipándose a unha aparentemente inevitable guerra global, a sociedade americana ten un xeral sentimento fatalista sobre o futuro.

En 1966, Veidt, observando a indiferencia de Osterman con respecto á humanidade, forma a hipótese de que os gastos militares e o dano medioambiental levarán a unha catástrofe global antes dos anos noventa. Como parte dun elaborado plan para evitar isto, Veidt actúa para acelera-la isolación de Osterman expoñendo a "máis de dúas docenas" de antigos asociados e inimigos de Osterman a radiación nociva, producíndolles varios cancros, ó mesmo tempo que manipula á prensa para que especule que o mesmo Osterman é a causa.

Ca revelación pública desas sospeitas, Osterman telepórtase a Marte para reflexionar sobre a súa vida. A súa ruptura co goberno estadounidense incita o oportunismo Soviético ca invasión de Afganistán, agravando enormemente a crise global. A só días da guerra nuclear, e tras ser convencido para voltar á Terra, Osterman xunto a Kovacs, Juspeczyk e Dreiberg enfróntase a Veidt na base Antártica deste, pero demasiado tarde como para evita-la fase final do seu plan: empregando un aparato de teleportación, transporta unha criatura psiónica xenéticamente deseñada ata o corazón de Nova York, sabendo que a explosión resultante e a onda psíquica matará a metade dos habitantes. O flash psíquico está deseñado para convence-los surperviventes de que a criatura era a primeira dunha potencial forza invasora alieníxena. Ante esta ameaza externa, os Estados Unidos e a Unión Soviética cesan as hostilidades e asinan un acordo para afrontar xuntos esta aparente ameaza.

O asasino de Blake foi o proprio Veidt, debido a que Blake descobrera detalles do seu plan. Veidt tamén eliminou a numerosos empregados e esbirros (uns poucos deles coñecían todo o plan) para mante-la conspiración en segredo. Ó final, a única xente coñecedora da verdade son Veidt, Dreiberg, Juspeczyk, Kovacs e Osterman. Dreiberg, Juspeczyk e Osterman acordan mante-lo en segredo, conscientes de que revela-la conspiración podería reinicia-las tensións entre EEUU e a URSS, pero Kovacs rexeita o compromiso e é asasinado por Osterman, que abandona a Terra permanentemente.

Pero, antes de enfrontarse a Veidt na Antártida, Kovacs enviou o seu diario detallando as súas sospeitas ó "The New Frontiersman" (O Novo Colono), un periódico de extrema dereita que lia frecuentemente. A última imaxe da serie mostra a un editor do Frontiersman pensando en qué carta do "montón dos chiflados" (no que está o diario de Kovacs) empregará para encher duas páxinas do seguinte número.

Detalles da publicación

Edicións

Oixinalmente publicado como miniserie de doce episodios (o último foi publicado case un ano despois dos anteriores), Watchmen foi despois impresa como novela gráfica (ISBN 0930289234).

Unha edición especial de tapa dura foi producida por Graphitti Designs en 1987, contendo 48 páxinas de material extra, incluíndo a proposta orixinal e os bocetos preliminares.

O 5 de outubro de 2005, DC publicou Absolute Watchmen (ISBN 1401207138), unha edición en tapa dura para celebra-lo 20º aniversario da obra. O libro foi recoloreado en Wildstorm FX baixo a dirección de Dave Gibbons. O novo libro tamén inclúe o material extra da edición de Graphitti.

Productos relacionados

En 1987, Mayfair Games produciu dous módulos de aventuras basados en Watchmen para o seu xogo de rol DC Heroes. Eses módulos, titulados "Who Watches the Watchmen?" (¿Quén Vixía ó Vixiante?) e "Taking out the Trash" (Sacando a Basura), incluían información de fondo sobre o universo ficticio de Watchmen, aprobada por Alan Moore. A súa aprobación fixo desas publicacións valiosas para os fans como a única fonte externa de información suplementaria sobre as personaxes da historia (especialmente das personaxes menores, como os Minutemen e Moloch).

DC Comics tamén lanzou unha edición limitada de insignias cas personaxes e imaxes da serie. Estas insignias causaron friccións entre Moore e DC, pois DC afirmaba que eran "obxectos promocionais" e non merchandising, polo que non tiña que pagar royalties por eles a Moore e a Gibbons.

Falouse dunha posible secuela, pero Alan Moore enfrontouse a DC Comics sobre asuntos de censura, e rápidamente detivo calquera potencial novo traballo que planexaba facer para DC. Isto tamén detivo a creación dunha serie de figuras de acción sobre Watchmen que ía ser lanzada por DC Direct, a liña de xoguetes da compañía, aínda que xa foran creados prototipos dalgúnhas personaxes, como o Dr. Manhattan e Silk Spectre II.

Parodia

Watchmen (xunto a Crises en Terras Infindas, As Guerras Segredas, O Regreso do Señor da Noite e outros crossovers e "eventos" dos cómics da época) foi parodiada pola serie do Home Radioactivo de Simpsons Comics no número 679 (Setembro 1994), titulado "Who Washes The Washmen's Infinite Secrets Of Legendary Crossover Knight Wars?" (~¿Quén Lava os Infindos Segredos dos Lavadores do Lendario Crossover das Guerras do Cabaleiro?) de Steve Vance.

Adaptación cinematográfica

O primeiro intento de facer unha adaptación cinematográfica foi en 1989, con Terry Gilliam e Sam Hamm, pero o proxecto foi abandonado tras problemas para adapta-la historia.

En 2003 Paramount Pictures tentou retoma-lo proxecto cun altamente aclamado guión de David Hayter. Darren Aronofsky foi contratado para dirixila, pero abandoou e foi reemprazado por Paul Greengrass. A película foi descartada en xuño de 2005 debido a problemas de presuposto. O proxecto foi posto en venta para calquera estudio.

En decembro de 2005, Warner Bros fíxose co proxecto. O interés do estudio foi estimulado trala reacción positiva do público ante a adaptación doutra obra de Alan Moore, V de Vendetta (2006). Rumoréase que Paul Greengrass e David Hayter desvinculáronse do proxecto, pero nunha intrevista do 7 de febreiro do 2006 [1], Hayter mencionou que continuaba involucrado.

Ligazóns externas