Andrómeda (constelación): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SassoBot (conversa | contribucións)
Terra (planeta) -> Terra
Liña 43: Liña 43:
* [[Z Andromedae]], [[estrela variable cataclísmica]] que cada 10 ou 20 anos aumenta o seu brillo unhas 3 magnitudes. É o prototipo das [[estrela simbiótica|estrelas simbióticas]].
* [[Z Andromedae]], [[estrela variable cataclísmica]] que cada 10 ou 20 anos aumenta o seu brillo unhas 3 magnitudes. É o prototipo das [[estrela simbiótica|estrelas simbióticas]].
* [[GY Andromedae]] (HR 465), [[estrela variable]] cun espectro de emisión peculiar.
* [[GY Andromedae]] (HR 465), [[estrela variable]] cun espectro de emisión peculiar.
* [[Groombridge 34]], estrela binaria formada por dúas [[anana vermella|ananas vermellas]] a 11,62 anos luz da [[Terra (planeta)|Terra]].
* [[Groombridge 34]], estrela binaria formada por dúas [[anana vermella|ananas vermellas]] a 11,62 anos luz da [[Terra]].


== Obxectos notables do espazo profundo ==
== Obxectos notables do espazo profundo ==
Liña 51: Liña 51:
* [[NGC 752]]. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
* [[NGC 752]]. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
* [[NGC 891]]. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de gran apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
* [[NGC 891]]. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de gran apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
* [[NGC 7662]]. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha [[nebulosa planetaria]] que se atopa a 2.5º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase [[NGC 7640]] Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha [[galaxia espiral]] barrada.
* [[NGC 7662]]. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha [[nebulosa planetaria]] que se atopa a 2,5 º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase [[NGC 7640]] Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha [[galaxia espiral]] barrada.


== Mitoloxía ==
== Mitoloxía ==
Liña 66: Liña 66:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
{{Commons|Andromeda|Andrómeda (constelación)}}
{{Commons|Andromeda|Andrómeda (constelación)}}
* [http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-ANDROMEDA.htm Andrómeda] (en español)
*[http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-ANDROMEDA.htm Andrómeda] {{es}}
* [http://www.allthesky.com/constellations/andromeda/ The Deep Photographic Guide to the Constellations: Andromeda] (en inglés)
*[http://www.allthesky.com/constellations/andromeda/ The Deep Photographic Guide to the Constellations: Andromeda] {{en}}
* [http://www.nightskyinfo.com/constellations/andromeda/ NightSkyInfo.com: Constellation Andromeda] (en inglés)
*[http://www.nightskyinfo.com/constellations/andromeda/ NightSkyInfo.com: Constellation Andromeda] {{en}}
* [http://www.wikisky.org/?object=hd%203431&zoom=2 '''WIKISKY.ORG''': Andromeda] (en inglés)
*[http://www.wikisky.org/?object=hd%203431&zoom=2 '''WIKISKY.ORG''': Andromeda] {{en}}
* [http://www.ianridpath.com/startales/andromeda.htm Star Tales – Andromeda] (en inglés)
*[http://www.ianridpath.com/startales/andromeda.htm Star Tales – Andromeda] {{en}}


{{ConstelaciónsModernas}}
{{ConstelaciónsModernas}}

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2009 ás 12:21

Andromeda
Andromeda
Nome latino Andrómeda
Abreviatura And
Xenitivo Andromedae
Simboloxía A princesa Andrómeda
Ascensión recta 1 h
Declinación 40°
Área 722 graos cadrados

Rango 19°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Alpheratz (α And)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros

Andromédidas (Biélidas)

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

{{{notas}}}

Andrómeda é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.


Estrelas principais

Obxectos notables do espazo profundo

  • Galaxia de Andrómeda (M31), (NGC 224). Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +41°16'00" (Época 2000). A unha distancia de 2,2 millóns de anos luz é a galaxia de gran tamaño máis próxima á Vía Láctea. A simple vista observase coma un glóbulo neboento, o seu centro percíbese co uso de binoculares. Nos telescopios de aficionado apreciase coma unha mancha difusa amarelenta. Ten dúas compañeiras: M32 (NGC 221) Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +40°52'00" (Época 2000) e M110 (NGC205) Ascensión Recta: 00h 40m 24.0s Declinación: +41°41'00" (Época 2000). Poden ser observadas con binoculares ou telescopios de baixo aumento, a primeira é máis brillante cá segunda.
  • Andrómeda I e Andrómeda II, tamén galaxias satélites da galaxia de Andrómeda, pero de brillo tan feble que non poden ser observadas polos astrónomos afeccionados.
  • NGC 752. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
  • NGC 891. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de gran apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
  • NGC 7662. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha nebulosa planetaria que se atopa a 2,5 º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase NGC 7640 Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha galaxia espiral barrada.

Mitoloxía

Representación da constelación de Andrómeda.

Casiopea e Cefeo, reís de Etiopía eran os pais de Andrómeda. A raiña Casiopea facía alarde da beleza da súa filla, e comparábaa cás Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. As deusas mariñas, en resposta a esta afronta, exisironlle a Poseidón vinganza e foi así coma este enviou un monstro mariño (Cetus) a asola-las costas do país.

Cefeo acudiu ó oráculo de Zeus quen lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro, era sacrificando a súa filla Andrómeda atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.

Nese intre Perseo viña de regreso da súa expedición contra a Gorgona, e vendo á vítima, namorouse dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou ó monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.

Fineo, tío da princesa e con quen se comprometera en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de Medusa converténdoos en pedra con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.

Véxase tamén

Ligazóns externas