Alberto Núñez Feijóo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Alberto Núñez Feijóo
Liña 63: Liña 63:


[[ca:Alberto Núñez Feijoo]]
[[ca:Alberto Núñez Feijoo]]
[[es:Alberto Núñez Feijoo]]
[[es:Alberto Núñez Feijóo]]
[[eu:Alberto Núñez Feijóo]]
[[eu:Alberto Núñez Feijóo]]
[[fr:Alberto Núñez Feijóo]]
[[fr:Alberto Núñez Feijóo]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2009 ás 16:46

Infotaula de personaAlberte Núñez Feijoo
Nome orixinal(es) Alberto Núñez Feijoo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Núñez Feijóo Editar o valor em Wikidata
10 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Ourense
Cargos
Presidente da Xunta de Galicia
Vicepresidente da Xunta de Galicia (2004-2005)
Conselleiro da Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (2003-2004)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico
Partido políticoPartido Popular de Galicia
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaEva Cárdenas (2013–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: feijoogalicia Twitter: FeijooGalicia Dialnet: 53569 Editar o valor em Wikidata

Alberte Núñez Feijoo é un político ourensán (nado o 10 de setembro de 1961 en Ourense) e presidente do Partido Popular de Galicia. Nas eleccións autonómicas de 2009 foi elixido para ser presidente da Xunta de Galicia.

Formación

Naceu en Ourense, pero criouse nos Peares. Alberte Núñez Feijoo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria política

A súa entrada na alta política veu da man de José Manuel Romay Beccaría, que, sendo conselleiro de Sanidade, o nomea secretario xeral da consellería e secretario xeral do Sergas. Cando en 1996 Romay Beccaría é nomeado ministro de Sanidade no primeiro goberno de José María Aznar, Núñez Feijoo pasa a ser presidente executivo do Insalud en 1996. De aí chega a ser director xeral de Correos y Telégrafos, a empresa pública española de envíos postais.

En xaneiro de 2003 é nomeado por Manuel Fraga conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en setembro de 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, converténdose no primeiro vicepresidente que nomeaba Fraga mentres ocupou a cadeira de San Caetano. Colocábase así de primeiro nos postos de sucesión o xa daquela octoxenario Manuel Fraga.

Cando este perde a maioría absoluta nas eleccións do 19 de xuño de 2005, ábrese un período de disputas dentro do Partido Popular de Galicia para acadar a presidencia do partido. Nesas eleccións, Núñez Feijoo encabezara a lista electoral por Pontevedra, e obviamente converteuse en deputado. Dos catro candidatos, Xosé Cuíña Crespo, Xosé Manuel Barreiro e Henrique López Veiga, Alberte Núñez Feijoo consegue vencer nos comicios internos e a partir dese momento ocupa o cargo de líder da oposición, presidente do Partido Popular de Galicia e voceiro parlamentario dos populares.

Ademais é vogal electo do Comité Executivo Nacional do Partido Popular español.


Predecesor:
Xosé Cuíña
 
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
2003 - 2004
Sucesor:
María Xosé Caride
Predecesor:
non existía o cargo
 
Vicepresidente da Xunta
 
2004 - 2005
Sucesor:
Anxo Quintana
Predecesor:
Manuel Fraga
 Presidente do PP de Galicia 
2006 - Actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Emilio Pérez Touriño
 
Presidente de Galicia
 
2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Cargos en empresas

Formou parte de diversos consellos de administración: Banco de Crédito Local, Empresa Nacional de Autopistas, Paradores de Turismo de España, Instituto Galego de Medicina Técnica, International Post Corporation, Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e Chronopost Express.

Tamén foi membro do Consello Asesor de Telecomunicacións e do Consello Asesor Postal.