Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
a frase " ante a inoperancia institucional" é unha opinión non obxectiva, por moi certa que poida ser.
Liña 33: Liña 33:
Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.
Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.


O río foi abandonado á maleza e as súas beiras aparecían nos últimos anos cheas de residuos. Pero coa chegada do século XXI naceu o colectivo [[Vaipolorío]], creado por un grupo de veciños ante a inoperancia institucional. Se ben a súa actividade inicial era basicamente limpiar o río, posteriormente comezaron outras como a creación dun roteiro, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna e a recuperación da toponimia.<br>Estas actividades foron recoñecidas cos premio Cidade de Pontevedra no ano 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio ambiente natural, e o Premio Amigos de Pontevedra, outorgado no 2004 pola Asociación Amigos de Pontevedra, tamén no apartado de institucións, polo traballo de recuperación do río dos Gafos.
O río foi abandonado á maleza e as súas beiras aparecían nos últimos anos cheas de residuos. Pero coa chegada do século XXI naceu o colectivo [[Vaipolorío]], creado por un grupo de veciños. Se ben a súa actividade inicial era basicamente limpiar o río, posteriormente comezaron outras como a creación dun roteiro, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna e a recuperación da toponimia.<br>Estas actividades foron recoñecidas cos premio Cidade de Pontevedra no ano 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio ambiente natural, e o Premio Amigos de Pontevedra, outorgado no 2004 pola Asociación Amigos de Pontevedra, tamén no apartado de institucións, polo traballo de recuperación do río dos Gafos.


No ano 2007, co apoio da [[Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible|Consellería de Medio Ambiente]], o Concello acondicionou as marxes do río no treito urbano, con paseos e pasarelas de madeira.
No ano 2007, co apoio da [[Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible|Consellería de Medio Ambiente]], o Concello acondicionou as marxes do río no treito urbano, con paseos e pasarelas de madeira.

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2009 ás 19:25

Modelo:Rio O río dos Gafos nace no Mato da Xestiña, lugar da Boullosa, en Figueirido, (Vilaboa), e desemboca na ría de Pontevedra, no barrio pontevedrés das Corbaceiras. Ten un percorrido de 10.830 metros, boa parte deles paralelos ó Camiño portugués. Agás nos seus últimos 600 metros, ten unha orientación sur-norte, cousa estraña nun río das Rías Baixas.

Os seus afluentes son:
Beira esquerda: rego de Antiguidá, Río Miñoto ou Filgueira e Ponte Bala;
Beira dereita: Río de Bois, Río do Barco, Río Pombal e Pintos.

Ten un total de 16 pontes, e ata mediados do século XX funcionaron lavadoiros e muíños. Desde a década dos 60, no barrio pontevedrés de Campolongo flúe por un treito soterrado de canalización durante 525 metros.

A súa denominación varía polos lugares que atravesa. É coñecido como Cocho, Regheiro, Das Veighas da porta e Da Estación en Figueirido; Toxal en Bértola, Tomeza en Tomeza e Salcedo e Menexo, Estación, Palamios, Da Goleta, Da Taboada e Dos Gafos en Pontevedra.

O seu caudal está marcado pola pluviosidade das estacións do ano. Se ben en outono e inverno soe ir cargado, no verán leva menos auga, en parte tamén polo uso excesivo das súas augas para o rego de leiras e predios, ben con canles, ben mediante bombeo.

O seu leito adoita transcorrer á beira de asentamentos humanos, polo que as súas marxes se ven de cotío alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestructuras. Estos cambios conlevan danos, ás veces irreparables, e o río sofre un gran impacto de fertilizantes, pesticidas e herbicidas que afectan á biodiversidade. A pesares destes impactos e da súa proximidade a importantes núcleos de poboación, o róo mantén un importante valor ecolóxico; destacando a presenza de lontras como bioindicador do actual bo estado das augas[1].

No biotipo das áreas naturais, na primeira parte do seu percorrido, o río trascorre por zonas de sotobosque con fentos, liques, brións, silveiras, xilbarbeiras e mesmo lúpulo, con plantas e arbustos como estripos, abruñeiros, e loureiros.

Nos seus bosques de ribeira hai bastande diversidade, podendo dividirse estes en tres categorías:
Brañas: Teñen un alto grao de humidade e a capa superficial do solo asolagada. Destacan os salgueiros e os amieiros.
Fragas: Oo bosque tradicional galego, mesturando diferentes especies de árbores. Hai bastantes carballos, algúns deles de tamaño e altura extraordinarios, xunto con freixos, bidueiros, chopos ou amieiros.
Soutos: bosques monoespecíficos (dunha soa especie) de castiñeiros plantados polo home para a obtención de madeira e/ou castañas.

O río xa aparece mencionado no libro Viaxe a Galicia do Padre Sarmiento (1745). Tamén aparece, xunto cos seus afluentes, na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845), e no mapa da provincia de Pontevedra de Francisco Coello (1856).

O seu nome provén da existencia en Pontevedra dun hospital de leprosos xunto ó desaparecido templo da Virxe do Camiño, chegando os seus xardíns ata a beira do río. O Padre Amado Carballo conta en 1762 que as árbores do seu paseo eran plantadas polos frades do Convento Dominico.

Unha das súas pontes, a ponte do Couto, sita nas proximidades da estación de autobuses de Pontevedra, foi considerada durante moito que orixinara xunto ca Ponte do Burgo (sobre o río Lérez) a denominación de Ad Dúos Pontes, nome da vila romana que se cría xérmolo da cidade de Pontevedra. Porén, na actualidade esta teoría está desbotada[2].

Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.

O río foi abandonado á maleza e as súas beiras aparecían nos últimos anos cheas de residuos. Pero coa chegada do século XXI naceu o colectivo Vaipolorío, creado por un grupo de veciños. Se ben a súa actividade inicial era basicamente limpiar o río, posteriormente comezaron outras como a creación dun roteiro, obradoiros medioambientais, catalogación de flora e fauna e a recuperación da toponimia.
Estas actividades foron recoñecidas cos premio Cidade de Pontevedra no ano 2001, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións, pola defensa do medio ambiente natural, e o Premio Amigos de Pontevedra, outorgado no 2004 pola Asociación Amigos de Pontevedra, tamén no apartado de institucións, polo traballo de recuperación do río dos Gafos.

No ano 2007, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, o Concello acondicionou as marxes do río no treito urbano, con paseos e pasarelas de madeira.

Referencias

  1. "Lontras no río dos Gafos" artigo en La Voz de Galicia, 7 de outubro de 2007.
  2. "Unha ponte con moita historia, sepultado baixo un poboado" artigo en La Voz de Galicia]], 8 de abril de 2008.