Cachotaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Cat.
Liña 17: Liña 17:
{{Commons|Category:Dry stone walls|Cachotería}}
{{Commons|Category:Dry stone walls|Cachotería}}


[[Categoría:Arquitectura]]
[[Categoría:Construcción]]


[[ca:Maçoneria]]
[[ca:Maçoneria]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2009 ás 22:05

Escada e muralla feitas con cachotería no castro de San Cibrao de Las

A cachotería ou cachotaría é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra tosca, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas a modo de calzos chamadas ripios.

Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (ainda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.

O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.

Aínda que irregular, a disposición das pedras na cachotaría non é non é completamente arbitraria: véxase senón a impresión de inestabilidade que causa a imaxe dun muro rotada 90º

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos