Contaminación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Pollucion
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: is:Mengun
Liña 49: Liña 49:
[[hu:Környezetszennyezés]]
[[hu:Környezetszennyezés]]
[[id:Pencemaran]]
[[id:Pencemaran]]
[[is:Mengun]]
[[it:Inquinamento]]
[[it:Inquinamento]]
[[ja:公害]]
[[ja:公害]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2009 ás 21:49

Vertido de petróleo

A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.

En función do medio afectado distínguese:

  • Contaminación atmosférica. Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
  • Contaminación do medio hídrico. Presenza de contaminantes na agua (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e aguas servidas (saneamento de poboacións).
  • Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades ganadeiras.

En función da natureza do contaminante distiínquese:

Ficheiro:Contaminación Porto de Ribeira eue.jpg
Porto de Ribeira. Ano 2005
  • Contaminación química: Calquera das comentadas nos apartados anteriores. Un determinado composto químico introdúcese no medio.
  • Contaminación térmica: Emisión de fluídos a elevada temperatura; pódese producir en cursos de agua. O incremento da temperatura do medio diminúe a solubilidade do osíxeno na auga.
  • Contaminación acústica: A debida ó ruído provocado polas actividades industriais, sociais e do transporte, que pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio, etc.
  • Contaminación lumínica: Brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados.
  • Contaminación ou impacto visual: Xeralmente de instalacións industriais, edificios e infraestruturas, consistente no afeamento do medio.

En función da extensión da fonte distínguese:

  • Contaminación puntual: Cando a fonte se localiza nun punto. Por exemplo, as chemineas dunha fábrica ou un sumidoiro.
  • Cotaminación lineal: A que se produce ó longo dunha liña. Por exemplo a contaminación acústica e química polo tráfico dunha autopista.
  • Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa chuvia ácida.
A contaminación en Europa

Véxase tamén