Arte bizantina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ro:Artă bizantină
Liña 32: Liña 32:
[[pl:Sztuka bizantyjska]]
[[pl:Sztuka bizantyjska]]
[[pt:Arte bizantina]]
[[pt:Arte bizantina]]
[[ro:Arta bizantină]]
[[ro:Artă bizantină]]
[[ru:Искусство Византии]]
[[ru:Искусство Византии]]
[[simple:Byzantine art]]
[[simple:Byzantine art]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2009 ás 05:38

Mosaico bizantino. A virxe como Kiriotissa, isto é como trono da sabedoría sostendo ó Neno Xesús de fronte, deu orixe á representación da Virxe románica en Occidente

A arte bizantina é a arte producida no Imperio bizantino desde o século V ata a caída de Constantinopla en 1453, tamén se emprega para referirse á arte de estados contemporáneos a el que compartían formas culturais comúns sen ser parte do imperio como Macedonia, Bulgaria, Serbia ou Rusia e mesmo certos aspectos da arte da República de Venecia.

A impronta romana, o gusto polo luxo, a suntuosidade e a proporción herdados da cultura grega deu lugar a unha arte imperial-relixiosa presidida pola idea do dogmático e por unha concepción xerarquizante e simbólica da arte na que as formas e as técnicas respondían a unhas normas fixas, segundo un preciso e inmutable contido teolóxico, no que Deus e o emperador quedaban no mesmo rango no nivel representativo.

Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran cúpula central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da basílica paleocristiá. O iconostasio separaba o presbiterio das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o tixolo, como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o arco de medio punto e as cubertas abovedadas.

Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, ourivería, teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.

A escultura bizantina renovou as formas e os motivos decorativos. Pictograficamente a forma de Cristo seguiu o modelo sirio de melena longa e barba partida, representado frecuentemente como Pantocrátor. A virxe tiña unha tipoloxia máis variada con formas como a kiriotissa, hodigitria, theotokos, galactotrofusa e glycofilusa entre as máis frecuentes.