Luama, Ortigueira: Diferenzas entre revisións
engado |
engado |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
== Poboación == |
== Poboación == |
||
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 189 habitantes. |
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 189 habitantes. |
||
==Galería de imaxes== |
|||
<gallery> |
|||
Ficheiro:Illa de San Vicente.jpg|Vista da Illa de San Vicente desde Ladrido |
|||
</gallery> |
|||
Revisión como estaba o 18 de marzo de 2009 ás 17:00
Luama | |
---|---|
Concello | Ortigueira |
Coordenadas | 43°41′36″N 7°51′32″O / 43.69339862, -7.85889844Coordenadas: 43°41′36″N 7°51′32″O / 43.69339862, -7.85889844 |
Área | 1.7 km² |
Poboación | (ano 2004) 180 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Ortigueira poboación {{{ano}}}]]
Xeografía
Luama está situada na punta que dá frente ao extenso areal de Morouzos e á barra da entrada da Ría de Ortigueira. Linda polo norte e oeste con dito areal de Morouzos e coa ría, polo nordeste coas brañas da enseada de Ladrido, polo sur coa parroquia de Ortigueira, e polo leste coa parroquia de Luía. A Illa de San Vicente situada na barra da entrada da ría, pertence a esta parroquia, que por outra banda non é recoñecida como tal a efectos eclesiásticos, quedando incluída na parroquia de Origueira. Dende o lugar da Carmona na estrada AC-682 parte outra estrada, chamada de circunvalación, que rodea a parroquia pola beira da ría até a rúa Curuxeira xa en Ortigueira.
Patrimonio
Non tendo entidade como parroquia eclesiástica o seu patrimonio arquitectónico está reducido aos edificios que albergan o Escolar de Ortigueira e o antigo asilo , hoxe residencia, tamén da vila de Ortigueira.Se conta Luama cun importante patrimonio natural que identifica a Ortiguiera e que vén a ser toda a contorna da coñecida praia de Morouzos , cun gran piñeiral ao pé dun extenso areal aberto ao norte. Neste lugar coñecido antigamente como S. Martiño recuperouse hai pouco unha pequena lagoa e construíronse carreiros que cruzan o piñeiral e máis as dunas que o separan da praia, nunha paisaxe única. Merece subliñar que na Illa de S. Vicente aínda hoxe se poden ver restos do que foi un convento, que segundo F. Maciñeira, foi primeiramente templario e máis tarde franciscano, e estivo habitada até comenzos do século XX, perdurando na memoria das xentes máis vellas de Ortigueria os seu últimos poboadores, os que a abandoan por esa época para asentarse na vila.
Poboación
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 180 habitantes (97 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 189 habitantes.
Galería de imaxes
-
Vista da Illa de San Vicente desde Ladrido
Lugares da parroquia de Luama no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
Brandariz | Cabalar | A Carmona | O Casal | Cortiñadona | Figueiras | Os Gomes | Lagares | Os Loureiros | O Lugar de Arriba | Miñaño | Os Pardos | San Martiño | A Veiga | As Viñas |