Linfocito T CD4+: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Lymphocyte activation simple-es.png|thumb|right|300px|Función dos linfocitos (células) T]]
[[Ficheiro:Lymphocyte activation simple-es.png|thumb|right|300px|Función dos linfocitos (células) T]]
O '''linfocito CD4+''' ou '''linfocito Th''' é un linfocito derivado dun [[linfocito T]] no [[timo]]. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:
O '''linfocito CD4+''' ou '''linfocito Th''' é un linfocito derivado dun [[linfocito T]] no [[timo]]. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:
* [[Receptor de células T]], como o resto das células T. A maior parte é receptor tipo αβ.
* [[Receptor de células T]], como o resto das células T. A maior parte é receptor tipo αβ.

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2009 ás 15:12

Función dos linfocitos (células) T

O linfocito CD4+ ou linfocito Th é un linfocito derivado dun linfocito T no timo. Neste órgano unha parte dos timocitos en maduración deixan de expresar o complexo CD8 e só expresan CD4. É por este motivo polo que a estas células se lles denomina CD4 positivas. Unha vez rematada a súa maduración tímica este tipo celular posúe:

  • Receptor de células T, como o resto das células T. A maior parte é receptor tipo αβ.
  • Complexo CD4
  • Reacciona co complexo de histocompatibilidade tipo II, que presenta antíxenos esóxeno.

Funcións do linfocito T colaborador

Encárgase de coordinar a resposta inmune. Ten funcións na inmunidade celular e humoral. A célula T colaboradora será activada no ganglio linfático por contacto cun antíxeno esóxeno. Efetuado este contacto pode ocorrer:

  • Linfocito T efector, capaz de diferenciarse a Th1 e Th2
  • Linfocito T de memoria, que precisa dun segundo contacto

Os linfocitos Th efectores á súa vez diferéncianse en:

  • Th1: Aparecen polo contacto con interleucina-2
  • Th2: Aparecen polo contacto con interleucina-4

Funcións do linfocito Th1

Colabora coa inmunidade celular, activando linfocitos T ou forzando a outras presentadoras de antíxenos a activalos. Colabora tamén coa inmunidade innata ao liberar Tumor Necrosis Factor e Interferón gamma. Estas dúas substancias activan aos neutrófilos e particularmente o interferón gamma activa tamén aos macrófagos. O interferón ten a maiores efectos antivirais, bloqueando a entrada e/ou replicación dos virus nas células. Ten ademais actividade inhibitoria sobre os Th2.

Funcións do linfocito Th2

Traballa na inmunidade humoral, xa que activa aos linfocitos B. Con eles interaccionan:

  • MHCII da célula B co TCR do linfocito Th2
  • B27 da célula B co CD4 do linfocito Th2
  • CD40 da célula B co CD40L do linfocito Th2

Ademais, atenúa a resposta inmune innata, ao diminuír a actividade de macrófagos, neutrófilos e células Th1.