Nervio glosofarínxeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: thumb|Nervio glosofarínxeo xunto co [[nervio vago|vago no pescozo]] O '''nervio glosofarínxeo''' é o noveno par cranial (IX). A súa orixe atópase no [[bul...
 
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Glosso.gif|thumb|Nervio glosofarínxeo xunto co [[nervio vago|vago]] no pescozo]]
[[Ficheiro:Glosso.gif|thumb|Nervio glosofarínxeo xunto co [[nervio vago|vago]] no pescozo]]
O '''nervio glosofarínxeo''' é o noveno [[par cranial]] (IX). A súa orixe atópase no [[bulbo raquídeo]] do [[encéfalo]].Atravesa o foramen xugular e faise exocranial. Este nervio segue ó [[músculo estilofarínxeo]] e pasa entre os músculos constrictores superior e medio da [[farinxe]] para acadar a [[orofarinxe]] e a [[lingua]]. Contribúe ó plexo nervioso farínxeo. O nervio glosofaríngeo chega á lingua e á farinxe.

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2009 ás 15:00

Nervio glosofarínxeo xunto co vago no pescozo

O nervio glosofarínxeo é o noveno par cranial (IX). A súa orixe atópase no bulbo raquídeo do encéfalo.Atravesa o foramen xugular e faise exocranial. Este nervio segue ó músculo estilofarínxeo e pasa entre os músculos constrictores superior e medio da farinxe para acadar a orofarinxe e a lingua. Contribúe ó plexo nervioso farínxeo. O nervio glosofaríngeo chega á lingua e á farinxe.

Funcións do nervio

  • Recolle sensibilidade do terzo posterior da lingua, oído medio, farinxe e seo carotídeo.
  • Envía ramos parasimpáticos para a parótida a través do ganglio ótico.
  • Envía ramos motores para o músculo estilo-farínxeo.
  • Envía ramos para o plexo farínxeo.

Núcleos asociados

  • Núcleo solitario: recolle información do terzo posterior da lingua e dos baro e quimiorreceptores carotídeos.
  • Núcleo espiñal do trixémino
  • Núcleo ambigüo
  • Núcleo salivar inferior: leva información parasimpática ás glándulas salivares.

Ramos

  • Anastomose co nervio vago
  • Nervio timpánico
  • Nervio estilo-farínxeo
  • Nervio para o seo carotídeo
  • Ramos para o terzo posterior da lingua
  • Ramos linguais, que se anastomosarán co nervio lingual
  • Ramos menínxeos
  • Ramo auricular