José María Gabriel y Galán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
recat
Liña 36: Liña 36:
*[http://www.guijodegranadilla.com/el_poeta.htm Portal II consagrado a Gabriel y Galán]
*[http://www.guijodegranadilla.com/el_poeta.htm Portal II consagrado a Gabriel y Galán]


[[Categoría:Personalidades da literatura|Gabriel y Galán, José María]]
[[Categoría:Escritores de España|Gabriel y Galán, José María]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá|Gabriel y Galán, José María]]





Revisión como estaba o 15 de marzo de 2009 ás 19:24

José María Gabriel y Galán (Frades de la Sierra, Salamanca (n. 28 de xuño de 1870 - m. Guijo de Granadilla, Cáceres, 6 de xaneiro de 1905), foi un poeta que escrebeu en castelán e estremeño.

Biografía

Fillo de campesiños propietarios das súas terras, pasou a infancia na súa localidade natal, asistindo á escola. Aos 15 anos trasladouse a Salamanca para continuar os seus estudos, sendo nesta época cando escrebe os primeiros versos). Ao tempo traballa nun almacén de tecídos. En 1888 obtén o título de mestre de escola, sendo destinado a Guihuelu, a uns 20 quilómetros do seu lugar natal. Ao pouco tempu vaise para Madrid a fin de continuar estudos na "Escola Normal Central". Non ficou alí moito, pois a cidade producíulle noxo (dío nalgunhas cartas de Modernópolis ).

É logo destinado para Piedrahita (Ávila). O seu estado de ánimo é baixo, asinando as cartas aos seus irmáns como O Solitario.

O xove mestre está a se perfilar xa como un mozo triste, melancólico, moi sensíbel e de profundas convicións relixiosas (recibidas d súa mai, Bernarda), que se translucen nos seus poemas. Coñece a que será súa dona, Desideria, e a que chama cariñosamentei mi vaquerilla, en 1893. Desde entón sofre un cambio radical. Casan o 26 de xaneiro de 1898 en Plasencia.

Abandona o seu posto de mestre, para trasladarse a Guijo de Granadilla, onde pasa a administrar a dehesa "El Tejar", propiedade dun seu tío e a súa esposa. Alo encontra o tempo e sosego que precisa para madurar a súa poesía.

Cndo nace seu primeiro fillo (Jesús, 1898) compón El Cristu benditu, a primeira das súas famosas Estremeñas.

Falece o 6 de xaneiro de 1905, a consecuencia dunha pulmonía mal curada.

O concello de Guijo de Granadilla mantén a casa que habitou, como museo, no que se mostran ooxectos persoais do poeta, doados polos seus herdeiros.

Obra

A súa obra poética apártase do modernismo, pois é conservadora en estrutura e temática: defende a tradizón, a familia, a estirpe, o dogma católico ou a descansada vida campestre.

Poemarios:

  • Castellanas (1902)
  • Estremeñas (1902)
  • Campesinas (1904)
  • Nuevas Castellanas (1905)
  • Religiosas (1906)

Influxos

A obra de Gabriel y Galán influíu noutros poetas estremeños nomeadamente en Luis Chamizo Trigueros e Mario Simón Arias-Camisón.

Ligazóns externas