Watchmen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
remato co argumento
mSen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre [[1986]] e [[1987]] e posteriormente recopilado como [[novela gráfica]] e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre [[1986]] e [[1987]] e posteriormente recopilado como [[novela gráfica]] e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.


A obra gañou numerosos premios [[Kirby Awards|Kirby]] e [[Eisner Awards|Eisner]], ademáis de ser a única novela gráfica en gañar un premio [[Hugo Award|Hugo]].
A obra gañou numerosos premios [[Kirby Awards|Kirby]] e [[Eisner Awards|Eisner]], ademáis de ser a única novela gráfica en gañar un premio [[Hugo Award|Hugo]]. En [[2005]], a [[Revista Time]] incluíno na lista das 100 mellores [[novela]]s de entre [[1923]] e a actualidade.


== Orixe e Personaxes==
== Orixe e Personaxes==

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2006 ás 20:44

Este artigo trata sobre o cómic de Alan Moore, sobre a banda canadiense vexa The Watchmen.

Portada de Watchmen #1. Por Dave Gibbons

Watchmen (Vixiantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons.

Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recopilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.

A obra gañou numerosos premios Kirby e Eisner, ademáis de ser a única novela gráfica en gañar un premio Hugo. En 2005, a Revista Time incluíno na lista das 100 mellores novelas de entre 1923 e a actualidade.

Orixe e Personaxes

Orixinalmente, a serie surxiu coma unha forma de presentar de novo ó público as personaxes da desaparecida editorial Charlton Comics que DC Comics mercara recentemente, pero o proxecto dunha nova Liga da Xustiza de América de Keith Giffen incluía a algúns deles cun enfoque radicalmente distinto. Os autores decidiron entón crear novas personaxes, pero inspirándose nas antigas.

A continuación móstrase unha lista das personaxes principais:

Introducción

A obra é apocalíptica e terribelmente fatalista, dando unha visión escura e decadente do ano 1985 nun hipotético mundo en plena Guerra Fria e no que Richard Nixon aínda é presidente dos Estados Unidos grazas a que os americanos gañaron a Guerra de Vietnam e a que o escándalo do Watergate nunca ocorreu.

A historia xira en torno a unha conspiración que surxe a partir do asasinato dun superheroe. Arredor disto mestúranse unha chea de detalles autorreferenciais e historias aparentemente inconexas que exploran a natureza humana e os distintos puntos de vista sobre a loita entre o ben e o mal a traves das historias e relacións entre as principais personaxes, que contribúen a crear unha tensión en aumento, que estoura no derradeiro capítulo.

A responsabilidade moral é tamén un tema principal, como o demostra que a obra faga referencia á frase latina "Quis custodiet ipsos custodes" (¿Quén vixía ó vixiante?) da Sátira VI de Iuvenalis.

Watchmen mestura sen complexos violacións, golpes de Estado en Sudamérica, a Guerra de Vietnam, a homosexualidade e outros temas anteriormente tabú no xénero superheroico.

Antecedentes Históricos

Na realidade alternativa de Watchmen, os comics de superheroes foron moi populares durante a década de 1930, o que animou a algunhas persoas a convertirse en auténticos heroes disfrazados. Isto fixo que os comics de superheroes fosen reemprazados polos de piratas, dado que, xa que existían heroes de verdade, o tema xa non atraía tanto á xente. No ano 1939 un grupo de heroes decide traballar xuntos, nacendo así os Minutemen (Os homes do minuto). Os seus integrantes eran: Silueta, Silk Spectre, O Comediante, Xustiza Encarapuchada, Capitán Metropole, Búho Nocturno I, Polilla e Dólar Bill.

Pouco despois da creación do grupo este comeza a desfacerse: En 1940 O Comediante tenta violar a Silk Spectre e abandona o grupo; en 1946 a prensa revela que Silueta vive con outra muller como amante, é expulsada do grupo e seis semanas despois asasinada por un antigo inimigo; Dólar Bill morre mentras tenta deter un atraco; en 1947 Silk Spectre abandona o grupo para casar co seu axente; e Polilla é ingresado nun sanatorio mental debido ó seu alcoholismo e unha crise nerviosa. Finalmente en 1949 o grupo disólvese, aínda que por todo Estados Unidos comeza a aparecer unha nova xeración de heroes.

Anos despois, en agosto de 1959 Jon Osterman morre aparentemente nun accidente no centro de investigación no que traballa. Meses despois, o 22 de novembro dese ano, reaparece como un home alto, calvo e de pel azul. Tras a súa reaparición Jon descobre que pode crear campos de forza, transmutar e crear materia, teleportarse e mover obxetos telequinéticamente. Jon toma entón o nome de Doutor Manhattan (como referencia ó Proxecto Manhattan) e comeza a traballar para o goberno estadounidense.

As capacidades de Osterman permitíríanlle facer importantes descobrementos tecnolóxicos que cambiarán o seu mundo, creando así a maioría das diferenzas entre o mundo de Watchmen e o noso. Así mesmo, a existencia do Doutor Manhattan desestabiliza a Guerra Fría e os Estados Unidos vólvense máis agresivos. O Presidente Nixon pide a Osterman que interveña na Guerra de Vietnam, tres meses despois, a guerra remata e Vietman convértese nun novo estado dos Estados Unidos, o que proporcionou a Nixon unha popularidade sen precedentes (o escándalo do Watergate nunca ocorreu), obtendo un terceiro e cuarto mandato presidencial.

En 1977, tras multitudinarias manifestacións en contra dos heroes enmascarados baixo o lema ¿Quén vixía ó vixiante?, apróbase a Acta Keene, que prohíbe a actuación de tódolos heroes enmascarados excepto de aqueles que traballan para o goberno (Doutor Manhattan e o Comediante). A maioría dos enmascarados retírase, excepto Rorschach, que se converte nun fóra da lei.

Argumento

En outubro de 1985, Walter Kovacs (Rorschach) investiga o asasinato de Edward Blake e descobre que Blake era en realidade O Comediante, un antigo heroe enmascarado e axente do goberno. Formulando a teoría de que o asasinato de Blake é parte de unha conspiración para elimina-los aventureiros enmascarados, Kovacs comeza a avisar a algúns dos outros heroes: Jon Osterman (Doutor Manhattan), Laurel Jane Juspeczyk (Silk Spectre II), Dan Dreiberg (Búho Nocturno II) e Adrian Veidt (Ozymandias). Juspeczyk e Dreiberg retiráronse tempo atrás debido á Acta Keene aprobada en 1977, que prohibía a actuación dos heroes enmascarados. Osterman está exempto, por ser (xunto a Blake) un axente do goberno dos EEUU. Veidt retirouse voluntariamente, en 1975 revelou públicamente a súa identidade e empregou a súa reputación e intelixencia para construir unha enorme fortuna persoal.

O mundo de Watchmen é escuro e violento, cos Estados Unidos e a Unión Soviética ó borde dun enfrentamento nuclear. Pero dende o accidente que en 1959 transformou a Osterman no superpoderoso Doutor Manhattan (a única personaxe de Watchmen con superpoderes), os EEUU desfrutan dunha considerable vantaxe estratéxica, permitíndolles forzar á Unión Soviética a unha serie de derrotas, a máis notable das cales foi a de Vietnam. Este desequilibrio incrementou dramáticamente a tensión global. Anticipándose a unha aparentemente inevitable guerra global, a sociedade americana ten un xeral sentimento fatalista sobre o futuro.

En 1966, Veidt, observando a indiferencia de Osterman con respecto á humanidade, forma a hipótese de que os gastos militares e o dano medioambiental levarán a unha catástrofe global antes dos anos noventa. Como parte nun elaborado plan para evitar isto, Veidt actúa para acelera-la isolación de Osterman expoñendo a "máis de dúas docenas" de antigos asociados e inimigos de Osterman a radiación nociva, producíndolles varios cancros, ó mesmo tempo que manipula á prensa para que especule que o mesmo Osterman é a causa.

Ca revelación pública desas sospeitas, Osterman telepórtase a Marte para reflexionar sobre a súa vida. A súa ruptura co goberno estadounidense incita o oportunismo Soviético ca invasión de Afganistán, agravando enormemente a crise global. A só días da guerra nuclear, e tras ser convencido para voltar á Terra, Osterman xunto a Kovacs, Juspeczyk e Dreiberg enfróntase a Veidt na base Antártica deste, pero demasiado tarde como para evita-la fase final do seu plan: empregando un aparato de teleportación, transporta unha criatura psiónica xenéticamente deseñada ata o corazón de Nova York, sabendo que a explosión resultante e a onda psíquica matará a metade dos habitantes. O flash psíquico está deseñado para convence-los surperviventes de que a criatura era a primeira dunha potencial forza invasora alieníxena. Ante esta ameaza externa, os Estados Unidos e a Unión Soviética cesan as hostilidades e asinan un acordo para afrontar xuntos esta aparente ameaza.

O asasino de Blake foi o proprio Veidt, debido a que Blake descobrera detalles do seu plan. Veidt tamén eliminou a numerosos empregados e esbirros (uns poucos deles coñecían todo o plan) para mante-la conspiración en segredo. Ó final, a única xente coñecedora da verdade son Veidt, Dreiberg, Juspeczyk, Kovacs e Osterman. Dreiberg, Juspeczyk e Osterman acordan mante-lo en segredo, conscientes de que revela-la conspiración podería reinicia-las tensións entre EEUU e a URSS, pero Kovacs rexeita o compromiso e é asasinado por Osterman, que abandona a Terra permanentemente.

Pero, antes de enfrontarse a Veidt na Antártida, Kovacs enviou o seu diario detallando as súas sospeitas ó "The New Frontiersman" (O Novo Colono), un periódico de extrema dereita que lia frecuentemente. A última imaxe da serie mostra a un editor do Frontiersman pensando en qué carta do "montón dos chiflados" (no que está o diario de Kovacs) empregará para encher duas páxinas do seguinte número.