Metano: Diferenzas entre revisións
engado imaxe |
m bot Engadido: sl:Projekt:Metan |
||
Liña 87: | Liña 87: | ||
[[simple:Methane]] |
[[simple:Methane]] |
||
[[sk:Metán]] |
[[sk:Metán]] |
||
[[sl:Projekt:Metan]] |
|||
[[sq:Metani]] |
[[sq:Metani]] |
||
[[sr:Метан]] |
[[sr:Метан]] |
Revisión como estaba o 13 de marzo de 2009 ás 19:00
O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.
Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.
É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehído.
Características
É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre sí. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.
Ten como:
- punto de ebulición: 111,55 ºK
- punto de fusión: 90,6 ºK
- ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
- ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
- Sº gas: 188 J/mol.K
Ademais tamén é un gas invernadoiro moi efectivo, cunha concentración atmosférica actual de 1,7 ppm.
Orixe
As súas principais orixes son:
- Descomposición dos residuos orgánicos por bacterias.
- Fontes naturais (pantanos): 23%.
- Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimabase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural).
- Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente do gando).
- As bacterias en plantacións de arroz: 12%.
- Dixestión anaeróbica da biomasa.
- Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.
O 60% das emisións en todo o mundo son de orixen antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.
Son da familia homóloga -CH2 metileno