Ergotismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo:Ergotismo
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Gabriel Metsu 002.jpg|thumb|right|300px|''Neno enfermo (Das kranke Kind),'' obra de [[Gabriel Metsu]] (1660-1770)]]
[[Ficheiro:Gabriel Metsu 002.jpg|thumb|right|300px|''Neno enfermo (Das kranke Kind),'' obra de [[Gabriel Metsu]] (1660-1770)]]
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo caruncho (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo caruncho (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].



Revisión como estaba o 12 de marzo de 2009 ás 19:44

Neno enfermo (Das kranke Kind), obra de Gabriel Metsu (1660-1770)

O ergotismo, denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo caruncho (Claviceps purpurea) que contamina o centeo e, moito menos frecuentemente, a avea, o trigo e a cebada.

As substancias activas nas micotoxinas son todas polipéptidos derivados do ácido lisérxico. Os efectos do envelenamento poden traducirse en alucinacións *, convulsións e contracción arterial, que pode conducir á necrose dos tecidos e a aparición de gangrena nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.

Durante a Idade Media as intoxicacións por ergotismo eran tan frecuentes que se crearon hospitais onde os frades da orde de San Antonio dedicábanse en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito.

A última intoxicación colectiva de ergotismo sucedeu en Francia na aldea de Pont-Saint-Esprit o ano 1951.

Véxase tamén

Nota*: isto deu lugar á cuestión (case lendaria) do "pan da tolemia" e dos Misterios eleusinos.