Wikipedia:Sen avisos nos artigos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2006 ás 17:40


Wikipedia é un intento de escribir unha enciclopedia. Cando se discute de arte, tanto en forma de libros, música, arte visual, videoxogos, ou películas, trata de proporcionar un resume completo dese traballo creativo e do seu lugar na enorme esfera da actividade humana. Para levar a cabo esta tarefa, pode ser preciso discutilo argumento da película na súa totalidade. Moitos libros e películas, non obstante, perden parte do seu impacto dramático se se coñecen os detalles da trama antes de ser lidos ou vistas, en especial, as películas con rasgos de argumentos dramáticos.

Constitúe unha parte tradicional da etiqueta en Internet durante estas discusións o ser advertido antes diso (en inglés faise co anuncio de spoilers). Debido a isto e a que non todo o mundo que ven a este sitio web recoñece inmediatamente a Wikipedia como unha enciclopedia, engada por favor a plantilla {{Spoiler}} antes de falar en profundidade da trama.