Atalanta: Diferenzas entre revisións
categorías e correccións |
m robot Añadido: hu, ja, nl, ru Modificado: fr |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
[[de:Atalante]] |
[[de:Atalante]] |
||
[[en:Atalanta]] |
[[en:Atalanta]] |
||
[[fr:Atalante]] |
[[fr:Atalante (mythologie)]] |
||
[[hu:Atalanta (mitológia)]] |
|||
[[it:Atalanta (mitologia)]] |
[[it:Atalanta (mitologia)]] |
||
[[ja:アタランテ]] |
|||
[[nl:Atalante]] |
|||
[[pl:Atalanta]] |
[[pl:Atalanta]] |
||
[[ru:Аталанта]] |
Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2006 ás 02:04
Atalanta é unha personaxe da mitoloxía grega. Existen duas versións sobre a súa historia.
Na versión arcadiana, é filla de Iasos, rei do Peloponeso. Como Iasos desexaba un varón, enfureceuse cando soubo que tivera unha filla e decidiu expor a recén nada no bosque Pelión para que morrese. Mais, unha osa apiadouse da criatura e protexeuna até que uns pastores a recolleron para criala. Cos anos, Atalanta chegou a ser unha magnífica cazadora e distinguiuse especialmente na cacería do xabarín de Calidón. Como Artemisa, deusa tamén cazadora, Atalanta fixo voto de virxindade, de modo que polas súas frechas pereceron os centauros Hileo e Reco que intentaran abusar dela. Foi a única muller que formou parte da expedición dos argonautas.
Na versión beocia, Atalanta é filla do rei Xoeneo. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo Hipomenes disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de Afrodita. A deusa obséquiao coas tres mazás de ouro que Heracles roubara no xardín das Hespérides. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da sua opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recén casados cometeron un sacrilexio no templo de Démeter, que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da fonte da Cibeles en Madrid.