Asasinato de Saraxevo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:sarajevo11.jpg|thumb|250px|right|Praca lembrando o acontecemento no lugar do asasinato.]]
[[Ficheiro:sarajevo11.jpg|thumb|250px|right|Praca lembrando o acontecemento no lugar do asasinato.]]
O [[28 de xuño]], o [[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]] e sua dona [[Sofía Chotek]] foron asasinados na cidade de [[Saraievo]], capital da actual [[Bosnia-Hercegovina]] por [[Gavrilo Princip]], membro da [[Xove Bosnia]], grupo terrorista que loitaba pola a unificación da ''Terra dos Eslavos do Sur'' ([[Iugoslavia]]). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da [[Primeira Guerra Mundial]].
O [[28 de xuño]], o [[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]] e sua dona [[Sofía Chotek]] foron asasinados na cidade de [[Saraievo]], capital da actual [[Bosnia-Hercegovina]] por [[Gavrilo Princip]], membro da [[Xove Bosnia]], grupo terrorista que loitaba pola a unificación da ''Terra dos Eslavos do Sur'' ([[Iugoslavia]]). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da [[Primeira Guerra Mundial]].


==Introdución==
==Introdución==
[[Imaxe:gavrilloprincip.jpg|thumb|200px|right|[[Gavrilo Princip]], responsable do estourido da [[Primeira Guerra Mundial]].]]
[[Ficheiro:gavrilloprincip.jpg|thumb|200px|right|[[Gavrilo Princip]], responsable do estourido da [[Primeira Guerra Mundial]].]]
[[Imaxe:Franz ferdinand.jpg|thumb|left|[[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]].]]
[[Ficheiro:Franz ferdinand.jpg|thumb|left|[[Arquiduque]] [[Francisco Fernando]], herdeiro do [[Imperio Austrohúngaro]].]]
[[Bosnia-Hercegovina]] fora ocupada por [[Austria|Imperio Austrohúngaro]] en [[1878]] e anexada en [[1908]]. Moitos bosníacos, e particularmente os [[serbio]]s, non aceptaban a ocupación, preferindo a unificación coa [[Serbia]].
[[Bosnia-Hercegovina]] fora ocupada por [[Austria|Imperio Austrohúngaro]] en [[1878]] e anexada en [[1908]]. Moitos bosníacos, e particularmente os [[serbio]]s, non aceptaban a ocupación, preferindo a unificación coa [[Serbia]].


Liña 14: Liña 14:


==O asasinato==
==O asasinato==
[[Imaxe:Sarajevo-assn-chart.svg|thumb|245px|right|Mapa onde o [[Arquiduque]] foi morto.]]
[[Ficheiro:Sarajevo-assn-chart.svg|thumb|245px|right|Mapa onde o [[Arquiduque]] foi morto.]]
[[Imaxe:Princip arrested.jpg|thumb|245px|right|Esta imaxe é considerada o apresamento de [[Gavrilo Princip]]. Porén, a figura sendo apreixada non se asemella a [[Gavrilo Princip|Princip]] e quizais sexa outro membro do grupo de asasinos. Tamén se suxire que a figura sexa un alemán transeúnte que tentaría salvar a [[Gavrilo Princip|Princip]] do linchamento e que por iso foi preso na confusión do momento.]]
[[Ficheiro:Princip arrested.jpg|thumb|245px|right|Esta imaxe é considerada o apresamento de [[Gavrilo Princip]]. Porén, a figura sendo apreixada non se asemella a [[Gavrilo Princip|Princip]] e quizais sexa outro membro do grupo de asasinos. Tamén se suxire que a figura sexa un alemán transeúnte que tentaría salvar a [[Gavrilo Princip|Princip]] do linchamento e que por iso foi preso na confusión do momento.]]


''Nota: O curso exacto dos acontecementos nunca foi completamente establecido, de feito parte del foi elaborado a partires de testemuños.''
''Nota: O curso exacto dos acontecementos nunca foi completamente establecido, de feito parte del foi elaborado a partires de testemuños.''

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2009 ás 22:06

Praca lembrando o acontecemento no lugar do asasinato.

O 28 de xuño, o Arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do Imperio Austrohúngaro e sua dona Sofía Chotek foron asasinados na cidade de Saraievo, capital da actual Bosnia-Hercegovina por Gavrilo Princip, membro da Xove Bosnia, grupo terrorista que loitaba pola a unificación da Terra dos Eslavos do Sur (Iugoslavia). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da Primeira Guerra Mundial.

Introdución

Gavrilo Princip, responsable do estourido da Primeira Guerra Mundial.
Arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do Imperio Austrohúngaro.

Bosnia-Hercegovina fora ocupada por Imperio Austrohúngaro en 1878 e anexada en 1908. Moitos bosníacos, e particularmente os serbios, non aceptaban a ocupación, preferindo a unificación coa Serbia.

A finais do mes de xuño de 1914 Francisco Fernando visitou Bosnia-Hercegovina para observa-lo seu exército e para fundar un museo en Saraievo. Normalmente nas ocasións oficiais o arquiduque non levaba á súa dona Sofía Chotek, xa que ela proviña dunha familia de posición inferior na corte. O feito de que a súa dona o acompáñase na viaxe foi debido a que a parella celebraba o aniversario do casamento o 1 de xullo.

O día do asasinato, o 28 de xuño, corresponde no Calendario xuliano ao día 15 de xuño, día do Vidovdan. Día no que se conmemora patrioticamente na Serbia a derrota dos serbios contra os Otománs en 1389.

A Xove Bosnia, grupo de xoves bosníacos anarquistas, estaba equipada con pistolas FN Herstal, modelo 1910 e bombas fornecidas pola Man Negra, sociedade secreta nacionalista serbia que tiña entre os seus membros a oficiais do exército serbio, notablemente o coronel Dragutin Dimitrijevic, xefe da intelixencia militar serbia e líder do golpe que matou ao Rei Aleksandar Obrenović once anos antes.

O asasinato

Mapa onde o Arquiduque foi morto.
Ficheiro:Princip arrested.jpg
Esta imaxe é considerada o apresamento de Gavrilo Princip. Porén, a figura sendo apreixada non se asemella a Princip e quizais sexa outro membro do grupo de asasinos. Tamén se suxire que a figura sexa un alemán transeúnte que tentaría salvar a Princip do linchamento e que por iso foi preso na confusión do momento.

Nota: O curso exacto dos acontecementos nunca foi completamente establecido, de feito parte del foi elaborado a partires de testemuños.

O atentado contra o herdeiro do imperio e a súa dona foi elaborado por sete conspiradores, os cales tiñan pouca experiencia coas armas. Os feitos comezaron ás 10h, cando Francisco Fernando, a súa dona e comitiva que os acompañaba saíron do campamento militar de Philipovic, onde o Arquiduque pasara revista á tropa. A comitiva estaba composta por sete carros:

  • No primeiro coche ían: o detective xefe de Saraievo e tres policiais locais.
  • No segundo coche: Fehim Efendi Curcic, prefeito de Saraievo; Dr. Edmund Gerde, Comisario de Polícia de Saraievo.
  • No terceiro coche: Francisco Fernando, a súa dona Sofía, Oskar Potiorek, Gobernador Xeral da Bosnia e o gardacostas de Francisco Fernando, tenente-coronel Conde Franz von Harrach.
  • No cuarto coche: o xefe da corte militar de Francisco Fernando, o Barón Carl von Rumerskirch; Wilma Lanyus von Wellenberg, condesa e dama de compañía de Sofía; tenente-coronel Erich Edler von Merizzi, xefe axudante de Potiorek e o tenente-coronel Conde Alexander Boos-Waldeck.
  • No quinto coche: Adolf Egger, director da fábrica de Fiat en Viena; Major Paul Höger; Coronel Karl Bardolff; Dr. Ferdinand Fischer.
  • No sexto coche: Barón Andreas von Morsey; Capitán Pilz; outros membros da comitiva de Francisco Fernando e oficiais bosnios.
  • No sétimo coche: Major Erich Ritter von Hüttenbrenner; Conde Josef zu Erbach-Fürstenau; tenente Robert Grein.

Ás 10:15h o convoi de coches pasou pola altura do primeiro membro do grupo, Mehmed Mehmedbašić, que se colocara nunha xanela para disparar. O tiro non foi disparado porque, de acordo con Mehmed Mehmedbašić, non había visión clara da comitiva, o que o fixo non disparar e alertar así ás autoridades. O segundo membro, Nedeljko Čabrinović, lanzou unha bomba no coche onde estaba Francisco Fernando, mais errou o blanco. A explosión destruíu o coche seguinte, ferindo a diversos pasaxeiros, policías e á multitude. Daquela Čabrinović enguliu a súa pílula de cianuro e chimpou ao río Miljacka. Contodo, foi retirado vivo del, e linchado pola multide até ser levado pola policía. A súa pílula de cianuro era talvez moi antiga ou era unha dose moi pequena. O río ademais só tiña 10 cm de profundidade e Čabrinović non conseguiu afundirse. Os outros conspiradores fuxiron, probablemente asumindo que Francisco Fernando fora finalmente asasinado.

Ao chegar na prefectura para unha recepción oficial, Francisco Fernando mostrou claros sinais de irritación e estres, interrompendo un discurso de benvida do prefecto Curcic para protestar "nos viñemos aquí e as persoas nos arroxan bombas". Acalmado, o resto da recepción pasou de forma tensa, mais sen incidentes. Oficiais e membros da comitiva entón discutirán sobre como evitar novas tentativas de atentados, sen chegar a unha conclusión coherente. Unha suxestión de que as tropas que estaban no lado de fora da cidade fosen mandadas ás rúas foi rexeitada polo feito de que as mesmas non estaban cos uniformes axeitados.

Trala recepción Francisco Fernando decidiu ir ao hospital para visitar as vítimas da explosión. Gavrilo Princip fora a unha tenda de alimentos, e viu o coche de Francisco Fernando volvendo tras ir polo camiño errado. O condutor, Leopold Loyka, non fora avisado da mudanza de roteiro que tiña un camiño que o levaría a saída da cidade. Princip entón lanzou cunha pistola semi-automática FN Herstal modelo 1910 de calibre 7.65×17 mm (.32 ACP, número de serial 19074). A primeira bala perforou o vehículo e acertou Sofia no abdome, e a segunda o pescozo de Francisco Fernando. Princip máis tarde afirmaría que súa intención era matar ao Gobernador Xeral Potiorek e non Sofia.

Princip entón tentouse matar, primeiro con cianeto e despois coa súa arma, mais vomitou a pílula e súa arma foille tirada das mans antes de que a puidese tirar.