O señor Bean: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Atkinson_Rowan.jpg|thumb|right|220px|O actor Rowan Atkinson como Mr. Bean]]
[[Ficheiro:Atkinson_Rowan.jpg|thumb|right|220px|O actor Rowan Atkinson como Mr. Bean]]
'''Mr. Bean''' foi unha [[serie de televisión|serie]] [[humor|humorística]] da televisión británica protagonizada por [[Rowan Atkinson]] co papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de [[1990]] pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de [[1995]].
'''Mr. Bean''' foi unha [[serie de televisión|serie]] [[humor|humorística]] da televisión británica protagonizada por [[Rowan Atkinson]] co papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de [[1990]] pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de [[1995]].



Revisión como estaba o 10 de marzo de 2009 ás 18:14

O actor Rowan Atkinson como Mr. Bean

Mr. Bean foi unha serie humorística da televisión británica protagonizada por Rowan Atkinson co papel de Mr. Bean. O primeiro episodio foi emitido o 1 de xaneiro de 1990 pola ITV (Independent Television) e a serie seguiu en antena ata o 31 de outubro de 1995.

Durante cinco anos, a serie foi captando seguidores e aumentando a sua audiencia, ata alcanzar unha cuota de 18,74 millóns de espectadores durante o episodio "The Trouble With Mr Bean" en 1992, todo un éxito.

Ademais recibiu un número importante de premios internacionais, entre os que cabe destacar "A Rosa de Ouro" (Rose d'Or). O show foi exportado a máis de 200 lugares de todo o mundo, ademais deu lugar a duas películas e unha serie de debuxos animados.

A personalidade de Mr. Bean rais coa estupidez absurda, aínda que só é "un neno atrapado nun corpo de un adulto", con un cinismo e humor moi elegante, definitivamente inglés, ademais de moi agradable, divertida e incluso inxenua e malvada algunhas veces.

Vive nun pequeno apartamento ao norte de Londres (Inglaterra) co seu osiño de peluche Teddy e o seu auto Austin mini super-Deluxe color verde lima e negro con cadeados . Mr. Bean fala moi poucas veces e cando o fai é sempre con poucas palabras e con voz grave pero divertida. Ten unha moza "normal" (Irma Gobb) que, a pesar da sua banalidade, adórao e ódiao á vez.

O seu nome e a súa profesión nunca foron mencionadas nin por el nin polos seus creadores. O humor da comedia ven en gran parte das orixinais e excéntricas solucións que Mr. Bean encontra para resolver os seus problemas e a súa indiferenza total por solucionar outros.