Historia da China: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
→‎Véxase tamén: Categoría máis específica
Liña 195: Liña 195:
<ref>Non confundir esta Dinastía Jin, dos ''jurchens'', coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos</ref> ''Non confundir esta Dinastía Jin, dos ''jurchens'', coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos.''
<ref>Non confundir esta Dinastía Jin, dos ''jurchens'', coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos</ref> ''Non confundir esta Dinastía Jin, dos ''jurchens'', coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos.''


[[Categoría:Historia|China]]
[[Categoría:Historia dos estados e das nacións|China]]
[[Categoría:China]]
[[Categoría:China]]



Revisión como estaba o 9 de marzo de 2009 ás 23:15


Historia da China
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores
2205 a.C. Dinastía Xia
-1570 Dinastía Shang
 -1046 Dinastía Zhou
 -722 Primaveras e Outonos
 -453 Reinos combatentes
 -221 Dinastía Qin
 -206 Dinastía Han occidentais
9 Dinastía Xin
  25 Dinastía Han orientais
 220 Tres Reinos
 265 Dinastía Jin e
 304 Dezaseis Reinos
 420 Dinastías do Norte
e do Sur
 581 Dinastía Sui
 618 Dinastía Tang
 690 Dinastía Zhou
 907 As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
 960 Dinastía Song
 907 Dinastía Liao
1032 Dinastía Xixia
1115 Segunda dinastía Jin
1234 Dinastía Yuan
1368 Dinastía Ming
1644 Dinastía Qing
1912 República da China
1949 República popular
  Taiwan

A historia da China, como cronoloxía dunha das civilizacións máis antigas do mundo con continuidade até a actualidade, ten as súas orixes na conca do Río Amarelo, onde surxiron as primeiras dinastías Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antigüidade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradición historiográfica moi precisa, que ofrece unha narración continua dende as primeiras dinastías até a idade contemporánea.

China é unha das civilizacións antigas máis vellas de todo o mundo que durou dende antes que Cristo nacera até os nosos tempos. O zodiaco chinés ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o dragón e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

Prehistoria

Cultura de Longshan.

Véxase artigo principal: Prehistoria da China

O territorio que actualmente ocupa a República Popular China estivo poboado dende hai miles de anos. Encontráronse restos de homínidos que constitúen os antepasados máis remotos do home[Cómpre referencia]. Así o demostran os restos pescudados pertencentes ao home de Renzidong; o home de Yuanmou; o home de Nihewan; o home de Lantian; o home de Nanjing ou o home de Pekín. Posteriormente surxirían outras culturas, coma o home de Dali; o home de Maba; o home de Fujian ou o home de Dingcun.

O Homo sapiens aparece hai uns 40.000 anos. Hai uns 10.000 anos comézase a cultivar arroz no río Yangzi e pouco despois millo na provincia de Henan. No VIII milenio a. C. as culturas da zona do val do río Amarelo fixéronse sedentarias. Un milenio despois comezaría a domesticación de animais.

Entre o VII e VI milenio a. C. surxen as primerais civilizacións neolíticas, Peilikan e Cishan, precursoras da cultura de Yangshao, que se fusionaría coas de Dawenkou e Hongshan para dar lugar á cultura de Longshan, comezo da unidade territorial e política de Chaira do Norte da China.

Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores

Véxase artigo principal: Os tres Augustos e os Cinco Emperadores

Extensión da dinastía Xia.

Son os gobernantes mitolóxicos da China anteriores ás primeiras dinastías históricas. Existen discrepancias sobre as súas identidades. Os tres augustos poideron ser Fuxi, Nüwa e Shennong e os cinco emperadores o Emperador Amarelo, Zhuanxu, Diku, Tangyao e Yushun.

Dinastía Xia

Véxase artigo principal: Dinastía Xia


Segundo as Memorias históricas de Sima Qian, a primeira dinastía china foi a dinastía Xia, que se prolongaría dende arredor do ano 2100 a. C. até arredor do 1600 a. C., e tería ocupado o curso medio do Río Amarelo. Os nomes dos reis da dinastía son nomeados por Sima Qian cos anos de reinado de cada un. Debe terse en conta, en todo caso, que Sima Qian escribiu a súa obra máis de quince séculos despois da existencia da dinastía, polo que os seus datos, baseados nas tradicións que chegaron a esa época, deben tomarse con cautela. Nin sequera hai probas concluíntes de que existise a dinastía Xia.

Historia antiga

Encontráronse restos de sociedades avanzadas e estratificadas datados da época da Dinastía Shang no val do río Amarelo.

Dinastía Shang

Véxase artigo principal: Dinastía Shang

O rexistro máis antigo do pasado da China data da Dinastia Shang, posíbelmente no século XIII a.C., na forma de inscricións en ósos ou caparazóns de animais.

Os historiadores chineses de períodos posteriores habituaranse á noción de que unha dinastía sucedía a outra, mais sábese que a situación política na China primitiva era moito máis complexa. Algúns académicos suxiren que os xias e os shangs tal vez fosen entidades políticas que coexistiran, da mesma maneira que os zhous foran contemporáneos dos shangs.

Dinastía Zhou

Véxase artigo principal: Dinastía Zhou

No final do II milênio a.C., a Dinastia Zhou, inicialmente de caráter semi-feudal, emerxeu no val do rio Amarelo e terminou por invadir os shangs. Os zhous eran un pobo que vivía ao oeste dos shangs e o seu xefe fora nomeado por estes últimos como "protector occidental". O xefe dos zhous, Rei Wu, co apoio do seu rexente e tío, o Duque de Zhou, derrotaron aos shangs na batalha de Muye. Naquel período, o rei zhou invocou ao "Mandato dos Céus" para lexitimar o seu goberno, unha idea que influenzaría a case que todas as dinastias seguintes. Os zhous, de inicio, instalaran a súa capital ao oeste nunha rexión próxima á moderna Xian, preto do rio Amarelo, mais posteriormente expandiríanse polo val do rio Yangtzé. Esta sería a primeira das varias migracións populacionais do norte para o sur na historia da China.

Período das Primaveras e dos Outonos

Véxase artigo principal: Período das Primaveras e dos Outonos

No século VIII a.C., o poder político tornouse descentralizado, durante o chamado Período das Primaveras e dos Outonos, cuxo nome provén dos Anais das Primaveras e dos Outonos. Naquel período, xefes militares locais empregados polos zhous comezaron a disputar a hexemonia. A situación agravouse coa invasión de outros pobos a partires do nordeste, como os qins (ou chins), o que forzou aos zhous a mover a súa capital au leste, para Luoyang. Isto marca a segunda grande fase da Dinastia Zhou: os zhous orientais. En cada un das centenas de Estados que surxiran , potentados locais detiñan á maior parte do poder político e sua servidume aos reis zhous era apenas nominal.

Ficheiro:China 2c.jpg
Os Reinos Combatentes.

Período dos reinos combatentes

Véxase artigo principal: Período dos reinos combatentes

Tras un proceso de consolidación política, restaban, ao final do século V a.C., sete Estados proeminentes. A fase durante a cal estas poucas entidades políticas combateran unhas contra as outras é coñecida como o Período dos Reinos Combatentes. A figura dun rei zhou continuou a existir até 256 a.C., mais apenas como xefe nominal, sen poderes concretos. A fase final deste período comezou durante o reinado de Ying Zheng, rei de Qin. Despois de acadar a unificación dos outros seis Estados e anexionar outros territorios aos actuais Zhejiang, Fujian, Guangdong e Guangxi en 214 a.C., proclamouse o primeiro emperador (Qin Shi Huangdi).

Dinastía Qin: o inicio da China imperial

Véxase o artigo principal: Dinastía Qin

Os historiadores acostuman denominar como a China Imperial ao período entre o inicio da Dinastía Qin (século III a.C.) e a fin da Dinastía Qing (no comezo do século XX).

O rei dos Qin funda unha nova dinastía e toma para sí o novo nome de 皇帝 (huángdì), de connotacións relixosas, que traducimos ao galego por "emperador". A partir deste momento histórico, todos os monarcas chinos posteriores utilizarán este título, abandoando a denominación de "reis" (王 wáng). O novo emperador fíxose chamar 始皇帝 Shǐ Huángdì ("primeiro emperador"), véndose a sí mesmo como o primeiro do que esperaba fora unha longa dinastía de emperadores. Hoxe en día os chinos chámano máis frecuentemente Qin Shi Huang ("Primeiro Emperador Qin"). Con él surxe, por primeira vez na historia, un estado chino forte, centralizado e unificado.

A Dinastía Qin é famosa por ter iniciado a Gran Muralla Chinesa, que foi posteriormente ampliada e perfeicionada durante a Dinastia Ming. Inclúense entre as demais contribuicións dos qin a unificación do dereito, da linguaxe escrita e da moeda da China. Até mesmo algo tan prosaico comoa o cumprimento dos eixos das carrozas ten que ser uniformizado de modo que permita um sistema comercial viábel que abarcase todo o imperio.

Dinastía Han: unha fase próspera

A Dinastía Han emerxiu en 202 a.C., como a primeira a adoptar a filosofia do confucianismo, que se tornou a base ideolóxica de todos os réximes chineses até a fin da China Imperial. Durante esta fase dinástica, a China logrou grandes avances nas artes e nas ciencias. O Emperador Wu consolidou e ampliou o imperio ao expulsar aos xiongnus (que algúns identificam cos hunos) para as estepes do que é hoxe a Mongolia Interior, tomándolles o territorio correspondente ás actuais provincias de Gansu, Ningxia e Qinghai. Isto permitiu abrir as primeiras ligazóns comerciais entre a China e o Occidente: a Ruta da Seda.

Entretanto, as aquisicións de terras polas elites gradualmente causarían unha crise tributaria. En 9 d.C., o usurpador Wang Mang fundou a breve Dinastia Xin ("nova") e deu inicio a un amplo programa de reformas agraria e económica. As familias proprietarias de terras xamais apoiaron as reformas, que favorecían aos labregos e a pequena nobreza, e a instabilidade causada por sua oposisión levou ao caos e a rebelión.

O Emperador Guangwu reinstituiu a Dinastia Han, situada agora en Luoyang, próximo a Xian, co apoio das familias proprietarias e mercantis. Algúns denominaron este período Dinastia Han Oriental. O poder dos hans declinou a aquisición de terras, invasión e rexertas entre clans. A Rebelión do Turbante Amarelo, protagonizado polos labregos, estalou en 184 e resultou nunha era de xefes guerreiros. No caos causado, tres Estados buscaron a preeminencia durante o chamado Período dos Tres Reinos.

Dinastía Jin

Véxase artigo principal: Dinastía Jin

A reunificación da China produciuse baixo a dinastía Jin, que pode dividirse en dous etapas: os Jin Occidentais (265 - 316), que conseguiron unificar China, e os Jin Orientais (317 - 420), que continuaron gobernando o sur da China.

No ano 263, as tropas de Wei conquistaban o estado de Shu, coo que os tres reinos convertíronse en dous. En 265, Sima Yan, da prestixiosa familia Sima, descendentes de Sima Qian, derrocou ao emperador Wei, acabando co poder da familia Cao, e instaurou a dinastía Jin. No ano 280, os Jin conquistaron o reino de Wu, co que conseguiron reunificar baixo a nova dinastía o antigo imperio Han.

Esta unificación non duraría moito tempo. A corte Jin en Luoyang víase ameazada polos pobos nómades do norte que formara varios estados e gozaban dunha longa tradicición militar. Estes estados do norte acabarían conquistando as capitais; Luoyang no amo 311, e Chang'an en 316. Así, o estado Jin desapareceu do norte de China, que pasou a estar dividido en dieciséis reinos. A conquista do norte por parte dos poblos nómades ou seminómades provocou un importante éxodo da población cara sur. A corte Jin reconstruíuse na cidade sureña de Jiankang, preto da actual Nanjing, dnde seguiría gobernando até o ano 420.

Dinastía Sui: a reunificación

Véxase artigo principal: Dinastía Sui

A Dinastia Sui logrou reunificar o país en 581, tras case que catro séculos de fragmentación política na cal o norte e o sur desenvolvéranse independentemente. Do mesmo modo que os soberanos qin unificaron a China tras o Período dos Reinos Combatentes, os suis uniron o país e crearon diversas instituicións que terminarían por ser adoptadas polos seus sucesores, os tangs.

Dinastía Tang: a volta da prosperidade

Véxase artigo principal: Dinastía Tang

Cabalo típico do exército Tang

O 18 de xuño de 618, Gaozu tomou o poder e estabeleceu a Dinastía Tang. Iniciouse entón unha era de prosperidade e innovacións nas artes e na tecnoloxía. O budismo, que fora instalando gradualmente na China a partir do século I, tornouse a relixón predominante e foi adoptada pola familia imperial e polo pobo.

Os tangs, da mesma forma que os hans, mantiveron abertas as rutas comerciais cara ao Occidente e o cara ao sur.

A partir de aproximadamente o ano 860, a Dinastía Tang comezou a declinar, debido a unha serie de rebelións internas e de revoltas de Estados clientes. Un xefe guerreiro, Huang Chao, capturou a Guangzhou en 879 e executou a maioría dos seus 200.000 habitantes. O Emperador Xizong fuxiu para Chengdu e Huang estabeleceu un goberno que lanzou ao país a un novo período de caos político.

As cinco dinastías e os dez reinos

Véxase artigo principal: Período das Cinco Dinastias e dos Dez Reinos

Á unión entre a DinastÍa Tang e a DinastÍa Sung, caracterizada pola fragmentación política, dáselle o nome de Período das Cinco Dinastías e dos Dez Reinos. Coa duración de pouco máis de medio século, entre 907 e 960, esta fase histórica viu a China tornarse nunha pluralidade de estados. Cinco réximes sucedéronse rapidamente no control do tradicional corazón territorial do país, no norte, en canto que dez réximes máis estábeis ocupabam porcións do sur e do oeste da China.

División política: os liaos, os sungs, os xias ocidentais, os jins

Mapa da Eurasia sobre o ano 1200, anterior ás invasións mongois.

En 960, a Dinastía Sung (960-1279) logrou controlar a maior parte da China e escolleu a Kaifeng para establecer a súa capital, dando inecio a un período de prosperidade económica, en canto que a Dinastía Liao dos khitans gobernaba a Manchúria e a Mongolia. No ano 1115, subiu ao poder a Dinastía Jin (1115-1234), dos jurchens[1], e, en dez anos, aniquilou a Dinastía Liao. Tomou a China septentrional e Kaifeng das mans da Dinastía Sung, forzándoa a transferir a súa capital cara Hangzhou e a recoñecer os jins como sucesores. A China encontrábase entón dividida entre a Dinastía Jin, ao norte, a Dinastía Sung Meridional, ao sur, e os xias ocidentais, a oeste. Os sungs meridionais pasarían por un período de grande desenvolvemento tecnolóxico, posíbelmente debido en parte á presión militar que sufrían na súa fronteira septentrional.

Os mongois e a Dinastía Yuan

Véxase artigo principal: Dinastía Yuan

O Imperio Jin foi derrotado polos mongois, que de seguida derrotaron aos sungs meridionais ao cabo dunha guerra longa e cruenta, a primeira na cal as armas de fogo desempeñaram un papel moi importante. Con isto, a China foi unha vez máis unificada, maais agora como parte dun amplo Imperio Mongol. Neste período, Marco Polo visitou a corte imperial en Pekin. Os mongois dividíanse entón entre os que preferían manter a súa base nas estepas e aqueles que desexaban adoitar as costumes dos chineses hans. Un destes era Kublai Khan, neto de Gengis Khan e fundador da Dinastía Yuan, a primeira a gobernar toda a China a partir de Pekin.


Dinastía Ming: a nova hexemonía dos hans

Véxase artigo principal: Dinastia Ming

A China da Dinastia Ming (ano 1580).

O forte sentimento popular hostil cara o goberno "estranxeiro" levou ás rebelións campesiñas que terminarían por expulsar aos mongois de volta ás estepas e a instituír a Dinastía Ming en 1368.

Durante o goberno mongol, a poboación fora reducida ao 40 por cento, dun total estimado de 60 milólns de persoas. Dous séculos depois, a poboación duplicou en tamaño, o que deu lugar a unha maior urbanización e á maior complexidade da división do traballo. Surxiron pequenas industrias, dedicadas á produción de papel, seda, algodón e porcelana, en especial en grandes centros urbanos como Pekin e Nanquim. Prevalecían, porén, as pequenas cidades con mercados que comerciaban principalmente comida mais tamén algúns ítems manufacturados, coma alfinetes e aceite.

A pesar da xenofobia e da introspección intelectual característica do neoconfucionismo, unha escola cada vez máis popular, a China do inicio da Dinastía Ming non se aillou. O comercio exterior e outros contactos coo mundo externo, en especial coo Xapón, creceron bastante. Mercadeiros chineses exploraran todo o Océano Índico e incluso chegaron á África Oriental coas viaxes de Zheng He.

Zhu Yuanzhang (ou Hongwu), fundador da Dinastía Ming, lanzou as bases dun Estado menos interesado no comercio que en extraer recursos do setor agrícola. Tal vez debido ao pasado camponés do emperador, o sistema económico ming enfatizaba na agricultura, ao contrario do que fixeran as Dinastías Sung e Mongol, cuxas finanzas se baseabam no comercio. As grandes propriedades rurais foron confiscadas polo goberno, divididas e arrendadase proibiuse a escravitude privada.

A dinastía posuía um goberno central forte e complexo que unificou o imperio. O papel do emperador pasou a ser máis autocrático, e Zhu Yuanzhang precisou botar man dos chamados "Grandes Secretarios" para auxilialo a lidar coa enorme burocracia, a cal máis tarde causaría o declive da dinastía, por impedir que o goberno se adaptase ás mudanzas sociais.

O Emperador Yongle procurou ampliar a influencia da China alén de súas fronteiras, ao esixir que outros gobernantes lle enviasem embaixadores para pagar tributo. Construiuse unha grande mariña, inclusive navíos de catro mastros com deslocamento de 1.500 t. Criouse um exército regular de un millón de homes. As forzas chinesas conquistaron parte do que é hoxe o Vietnam, en canto que a flota imperial navegaba polos mares da China e o Océano Índico, chegando até a costa oriental da África. Os chineses estenderon a súa influencia até o Turkmenistán. Diversas nacións asiáticas pagaron tributo ao emperador. Internamente, o Grande Canal foi ampliado, co impacto positivo sobre o comercio. Producíronse máis de 100.000 t de ferro por ano. Imprimíronse libros co uso da tipografía. O pazo imperial da Cidade Prohibida atingiu entón ao seu actual esplendor. En fin, o período ming parece ter sido un dos máis prósperos para a China.

O período ming foi testemuña da última ampliación da Gran Muralla Chinesa.

Dinastía Qing

Véxase artigo principal: Dinastía Qing

Ficheiro:The Portrait of the Qing Dynasty Cixi Imperial Dowager Empress of China in the 1900s.PNG
A emperatriz Cixi

A Dinastía Qing (1644-1911) foi fundada tras a derrota dos mings, a última dinastía han chinesa, das mans dos manchús. Estes, anteriormente coñecidos como jurchens, invadiron a China a partir do norte a finais do século XVII. A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regrase costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores.

Os manchús obrigaron aos hans a adoptar o seu estilo de penteado e de vestimenta, ameazados baixo pena de morte.

O Emperador Kangxi ordenou a creación do máis completo dicionario de caracteres chineses até entón. Durante o reinado do Emperador Qianlong, recompilouse un catálogo das obras máis importantes sobre cultura chinesa.

A mediados do século XVIII , os manchús consolidaron o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliaron ademais a súa esfera de influenza para incluir a Xinjiang, ao Tibet e á Mongolia.

O século XIX testemuñou un debilitamento do goberno qing, en medio de grandes conflitos sociais, estancamento económico e influencia de occidentais. O interese británico en continuar o comercio de opio levou a numerosos conflitos con occidente, o que conlevou á Primeira Guerra do Opio, en 1840. O Reino Unido e outras potencias occidentais, inclusive os Estados Unidos, ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. Hong Kong foi cedida aos británicos en 1842 polo Tratado de Nanquim. Tamén ocorreran naquel século a Rebelión Taiping (1851-1864). En moitos aspectos, as rebelións e os tratados que os qings se viran forzados a asinar coas potencias imperialistas son sintomáticos da incapacidade do goberno chinés de rexir adecuadamente os desafíos aos que se enfrontaba a China no século XIX.

O declinio da monarquía

As dúas Guerras do Opio e o tráfico daquela droga foron custosos para a Dinastía Qing e o pobo chinés. O tesouro imperial quebrou dúas veces, por conta do pagamento de indemnizacións debidas ás guerras. A China sufriu dúas fames extremas vinte anos despois de cada unha das Guerras do Opio nos anos 1860 e 1880, cando a Dinastía Qing se mostrou incapaz de asistir á poboación. Tales eventos tiveran um profundo impacto ao desafiar a hexemonía da que os chineses gozaban en Asia hai séculos e mergullaron ao país no caos. Unha gran revolta, a Rebelión Taiping, tería causado entre vinte e cincuenta milhlóns de mortos.

Os líderes qing sospeitabam da modernidade e dos avances sociais e tecnolóxicos, que viron como ameazas ao seu control absoluto sobre a China. Por exemplo, a pólvora, que fora frecuentemente empregada polos exércitos das Dinastías Sung e Ming, fora prohibida polos qings ao asumiren o control do país. Por este e outros motivos, a dinastía encontrábase despreparada para lidiar coas invasións occidentais. As potencias occidentais interviñeron militarmente para reprimir o caos doméstico, como no caso da Rebelión Taiping.

Nos anos 1860, a Dinastía Qing logrou sofocar revoltas, cun enorme custo e perda de vidas. Isto minou a credibilidade do réxime qing e contribuiu á proliferación de señores da guerra locais. O Emperador Guangxu procurou lidiar coa necessidade de modernizar o país por medio do Movemento de Auto-Fortalecemento. Entretanto, a partir de 1898, a Emperatriz rexente Cixi mantivo a Guangxu preso baixo o argumento de "deficiencia mental", tras un golpe militar ordeado por ela e co apoio da parte conservadora, contraria ás reformas. Guangxu faleceu un día antes ca emperatriz rexente (segundo algúns, por ela envenenado). Os "novos exércitos" qings (adestrados e equipados conforme o modelo occidental) foron fragorosamente derrotados na Guerra Sino-Francesa (1883-1885) e na Guerra Sino-Xaponesa (1894-1895).

No inicio do século XX, o Levante dos Boxers, un movemento conservador anti-imperialista que pretendía facer regresar ao país a un estilo de vida tradicional, ameazou ao norte da China. A emperatriz rexente, probábelmente co feito de garantir o seu control sobre o goberno, apoiou aos boxers cando estes avanzaron sobre Pekin. Como reacción, a chamada Alianza dos Oito Estados invadiu a China. Composta por tropas británicas, xaponesas, rusas, italianas, alemanas, francesas, norte-americanas e austro-húngaras, a alianza derrotou aos boxers e esixiu máis concesións do goberno qing.

República da China

Véxase artigo principal: Historia de la República de China (1912 - 1949)

Sun Yat-sen, primeiro Presidente da República de China.

O 10 de outubro de 1911 produciuse o Levantamiento de Wuchang, rebelión contra a dinastía Qing na actual cidade de Wuhan, que provoca a Revolución de Xinhai, que acabará co derrocamento definitivo do último emperador Qing, Puyi, no ano 1912.

O líder revolucionario chino Sun Yat-sen, ao ter noticia do levantamento de Wuchang, volve á China dende os Estados Unidos. Aínda que Sun chega a ser nomeado Presidente da República de China, o país atópase dividido, dominado por dirixentes locais, e chega a un acordo co destacado militar Yuan Shikai, que controlaba os restos do exército Qing no norte, para que este fora presidente.

A ambición de Yuan Shikai, que chegaría a autoproclamarse emperador en 1915, fai crecer a oposición a este. China atópase aínda dividida, e Sun Yat-sen volve do exilio para instalarse en Guangzhou, dende onde dirixe o Kuomintang, o partido político que el fundara. En Guangzhou, Sun Yat-sen funda a Academia Militar de Whampoa, na que formarase o exército que, baixo o mando de Chiang Kai-shek, sucesor de Sun Yat-sen á fronte do Kuomintang, conseguirá conquistar grande parte da China e establecer en Nanjing a capital da República da China, cumplindo a ambición de Sun Yat-sen.

Chiang Kai-shek convírtese en presidente da República e, dende os comezos, terá que se enfrontar a dous problemas. Por unha banda, o Partido Comunista Chino, a pesar de varios períodos de colaboración co Kuomintang, loita por establecer un réxime comunista. Por outro lado, o imperialismo xaponés presiona á China. En 1931 Xapón conquista Manchuria, e establece alí o estado títere de Manchukuo. En 1937 o exército xaponés inicia unha invasión a China.

Durante a invasión xaponesa, o gobierno de Chiang Kai-shek abandona a capital Nanjing, ocupada por Xapón, e replégase cara ao interior, establecéndose na cidade de Chongqing.

Tralo final da Segunda Guerra Mundial, en 1945, Xapón abandona as súas conquistas en Asia, e a China recupera Manchuria e Taiwán.

Cando parecía que o goberno de Chiang Kai-shek podería xa acadar a consolidación da estabilidade da república, reanúdase o enfrontamento cos comunistas. Este remata por converterse nunha guerra civil total a partir de 1947.

En contra das previsiones, os comunistas logran vencer ao exército da República. O gobierno de Kuomintang, xunto a parte do exército e moitos dos seus simpatizantes, vanse a Taiwán, dende onde confiaba en poder reconquistar o continente. Esta situación, sen embargo, acabaría manténdose e a República de China continúa existindo na actualidade na illa de Taiwán.

A China do presente

Véxase artigo principal: Historia da República Popular da China

Coa proclamación da República Popular da China (RPC) o 1 de outubro de 1949, o país viuse novamente dividido entre a RPC, no continente, e a República da China (RC), en Taiwan e outras illas. Cada unha das partes establécese coma o único goberno lexítimo da China e denuncia ao outro como ilexítimo. Dende os anos 1990, a RC ten procurado obter maior recoñecemento internacional, encanto que a RPC se opón vehementemente a calquer apoio internacional e insiste na "Política dunha China".

Para a historia da China trala Guerra Civil Chinesa, ver Historia da República Popular da China e Historia de Taiwan.


Véxase tamén

Bibliografía

  • As fontes son as mesmas que as da wikipedia inglesa:

History of China

Ligazóns externas

Referencias

[2] Non confundir esta Dinastía Jin, dos jurchens, coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos. Modelo:Link FA

  1. Non confundir esta Dinastía Jin, dos jurchens, coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos.
  2. Non confundir esta Dinastía Jin, dos jurchens, coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos