Trobador, trobadora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Wutsje (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1044738 de 85.91.81.78 (conversa)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:BernardDeVentadour.jpg|thumb|[[Bernart de Ventadorn]], trobador provenzal do [[século XII]]]]
[[Ficheiro:BernardDeVentadour.jpg|thumb|[[Bernart de Ventadorn]], trobador provenzal do [[século XII]]]]
Os '''trobadores''' (''troubadour'') máis antigos eran [[poeta]]s [[lírica|líricos]] en [[lingua de oc]] ligados ás [[corte]]s de entre a segunda metade do [[século XI]] e o [[século XIII]]. O nome provén do verbo ''trobar'', que significaba "compor [[verso]]s".
Os '''trobadores''' (''troubadour'') máis antigos eran [[poeta]]s [[lírica|líricos]] en [[lingua de oc]] ligados ás [[corte]]s de entre a segunda metade do [[século XI]] e o [[século XIII]]. O nome provén do verbo ''trobar'', que significaba "compor [[verso]]s".



Revisión como estaba o 9 de marzo de 2009 ás 17:37

Bernart de Ventadorn, trobador provenzal do século XII

Os trobadores (troubadour) máis antigos eran poetas líricos en lingua de oc ligados ás cortes de entre a segunda metade do século XI e o século XIII. O nome provén do verbo trobar, que significaba "compor versos".

A área na que foron activos incluía o Languedoc, a Provenza, Auvernia, Poitou, Limosín e Cataluña. Os trobadores ian de corte en corte recitando o seu repertorio, que acompañaban de música monódica. Ás veces quen cantaba era o xograr. Sábese da existencia de perto de quiñentos trobadores e téñennos chegado as composicións duns 400. Eran de extracción social moi variada: nobres, clérigos, burgueses, e plebeos.

O tema fundamental da produción trobadoresca era o amor, entendido como amor cortés. As composicións máis típicas foron as cancións, así como o sirventés, a tenzón, a pastorela ou a danza. Son tipos de rima moi acentuada. O trobar clus ("fechado") contiña sentidos voluntariamente escuros e o trobar leu era claro e explícito.

Musicalmente apartábanse tanto do canto gregoriano como da polifonía para adoptaren formas musicais que se asemellan ao que hoxe se coñece como canción, con ritmos acusados, división en estrofas e estribillos e o uso de instrumentos musicais para realzar a voz.

O trobador máis antigo de que se ten noticia foi Guillerme IX de Aquitania. Outros trobadores coñecidos son Jaufré Rudel, Raimbaut d'Aurenga, Arnaut Daniel, Giraut de Borehl, Bernart de Ventadorn, Aimeric de Peguilhan, Uc de Saint Circ e Sordel, que era italiano.

A poesía dos trobadores tivo unha influencia considerábel sobre Dante e Petrarca e, en xeral, sobre todo o desenvolvemento da lírica amorosa europea.

Na Galiza e no norte de Portugal tamén xurdiu a figura do trobador ao redor de comezos do século XII, e grazas a el e a outros creadores de cantigas xurdiu unha das primeiras líricas europeas de maior calidade.


Un trouvère era un poeta medieval do norte de Francia, especialmente da Picardía, contemporáneo dos troubadours occitanos. Ao igual que estes, compuñan sobre tópicos parecidos, pero en lingua d'oïl. Creaban tamén cancións de xesta e romances bretóns.

Coñécese o nome dalgúns deles: Jean Bodel, Blondel de Nesle ou Conon de Béthune.

Véxase tamén

Ligazóns externas