Fobos (lúa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ga:Phobos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[categoría: +[[Categoría:)
Liña 14: Liña 14:
* [http://www.castfvg.it/sistsola/marte/phobos02.htm Fotografía de Fobos e Deimos, tomada por afeccionados con cámara CCD]
* [http://www.castfvg.it/sistsola/marte/phobos02.htm Fotografía de Fobos e Deimos, tomada por afeccionados con cámara CCD]


[[categoría:Satélites naturais]]
[[Categoría:Satélites naturais]]
[[Categoría:Marte]]
[[Categoría:Marte]]



Revisión como estaba o 8 de marzo de 2009 ás 15:59

Fobos ou Marte I é un satélite de Marte descuberto o 18 de agosto de 1877 polo norteamericano Asaph Hall desde o observatorio de Washington. Fobos é o satélite máis grande de Marte, aínda que só ten uns 27 km de diámetro e está, por tanto, entre os máis pequenos do sistema solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. A súa superficie componse de rocha rica en carbono e po, e está moi marcada por cráteres, o meirande deles denominado Stickney que foi o resultado da colisión con outro obxecto que estivo a piques de destrozar esta lúa.

Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite. Esta mesma forza provoca que Fobos se achegue cada vez máis a Marte. Esta proximidade (6.000 km da superficie de Marte, sendo así o satelite máis cercano ao seu corpo primario) indica que Fobos está sentenciado: nuns 40 millóns de anos caerá sobre Marte provocándolle un novo cráter na súa superficie ou, pola contra, podería quedar destrozado sen ter que precipitarse sobre o planeta creando un anel de pequenos corpos en órbita.

Ao igual que Deimos, pénsase que Fobos é un asteroide que na súa órbita quedou atrapado pola forza gravitacional de Marte.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas