Paleozoico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado ligazóns, categoría e corrixo algúns erros
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
==Subdivisións==
==Subdivisións==


A Era Paleozoica divídese en seis períodos: Cámbrico (a vida animal florece nos mares), Ordovícico (dominan os [[invertebrado]]s, Silúrico (primer animal de respiración aérea), Denóvico(predominio da vida animal; aparecen peixes con [[escama]]s duras e os anfibios), Carbonífero (aparecen grandes bosques de [[fento]]s, os primeiros réptiles e os primeiros insectos voadores) e Pérmico (ten lugar unha gran extinción coñecida como a extinción masiva do Pérmico-Triásico).
A Era Paleozoica divídese en seis períodos: Cámbrico (a vida animal florece nos mares), Ordovícico (dominan os [[invertebrado]]s, Silúrico (primeiro animal de respiración aérea), Denóvico(predominio da vida animal; aparecen peixes con [[escama]]s duras e os anfibios), Carbonífero (aparecen grandes bosques de [[fento]]s, os primeiros réptiles e os primeiros insectos voadores) e Pérmico (ten lugar unha gran extinción coñecida como a extinción masiva do Pérmico-Triásico).


<center>
<center>
{| {{tablabonita}} cellspacing="0" cellpadding="2"
{| {{tablabonita}} cellspacing="0" cellpadding="2"
|-----
|-----
! style="background:#efefef;" | [[Era geológica|Era]]
! style="background:#efefef;" | [[Era xeolóxica|Era]]
! colspan="2" style="background:#efefef;" | [[Período xeolóxico|Período]]
! colspan="2" style="background:#efefef;" | [[Período xeolóxico|Período]]
! style="background:#efefef;" | M. años
! style="background:#efefef;" | M. años

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2009 ás 16:03

A era paleozoica ou primaria é a primeira das tres na que se divide o eón Fanerozoico (ou da vida visible). Abarca dende comezos do Cámbrico (fai aproximadamente 542 millons de anos) ata o final do Pérmico (fai aproximadamente 251 millóns de anos). O seu nome procede das palabras gregas palaio (primitivo,antigo) e zoion (Animal), e pódese traducir como Era da vida antiga.

Características do paleozoico

Nesta Era a vida vida do noso planeta aumentou considerablemente.Moitos animais desenrolaron cuncha ou esqueleto. A principios do Paleozoico,todos os seres vivos eran acuáticos. Cara a finais do Paleozoico varios seres xa lograran conquistar terra firme. Durante a primiera metade do Paleozoico evolucionaron formas de vida máis complicadas. Os peixes foron os primeiros animais que desenrolaron unha espiña dorsal, e os máis antigos viviron fai máis de 400 millóns de anos no período Ordovicico. A mediados do Paleozoico, os peixes abarrotaban os mares. Durante esta era, algúns moluscos creceron e desenrolaron un cerebro maior e máis eficaz. Estes novos moluscos nadaban utilizando un tipo de propulsión a chorro. Cara o período Devónico, evolucionaron os peixes. Os primeros non tiñan mandíbulas. Despois evolucionaron peixes xigantescos e, máis tarde, os de aletas lobuladas desenrolaron pulmóns,dando orixen os anfibios. Xeoloxicamente,o Paleozoico iniciase pouco despois da desintegración do supercontinente Pannotia e acaba coa formación do supercontinente Panxea. Durante a maior parte da era, a superficie terrestre dividíase nun número relativamente pequeño de continentes. A finais da era Paleozoica houbo importantes cambios no relevo da codia terrestre, surxiron as cordilleiras tanto no océano como na terra, e producíronse as primeiras invasións glaciares extensas, o que permitiu o aumento da extensión e altitud dos continentes, o que determinou profundas perturbacións nos climas existentes e, como consecuencia, nos organismos que poboaron as extensións continentais. Como xa vimos,abarca dende a proliferación de animais con cuncha ou esqueleto ata o momento no que o mundo comezou a ser dominado por grandes réptiles ou por plantas relativamente modernas.

Subdivisións

A Era Paleozoica divídese en seis períodos: Cámbrico (a vida animal florece nos mares), Ordovícico (dominan os invertebrados, Silúrico (primeiro animal de respiración aérea), Denóvico(predominio da vida animal; aparecen peixes con escamas duras e os anfibios), Carbonífero (aparecen grandes bosques de fentos, os primeiros réptiles e os primeiros insectos voadores) e Pérmico (ten lugar unha gran extinción coñecida como a extinción masiva do Pérmico-Triásico).

Era Período M. años Eventos principais
Paleozoico Pérmico   299,0 ±0,8 Formación da Panxea. Extinción masiva do
Pérmico-Triásico, 95% especies desaparecen
Carbonífero Pensilvaniense 318,1 ±1,3 Abundantes insectos, primeiros réptiles,
extensos bosques de fentos
Misisipiense 359,2 ±2,5 Árbores grandes primitivos
Devónico   416.0 ±2,8 Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida
e Progymnospermophyta
Silúrico 443,7 ±1,5 Primeiras plantas terrestres fósiles
Ordovícico 488,3 ±1,7 Dominan os invertebrados.
Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico
Cámbrico 542,0 ±1,0 Explosión cámbrica. Primeiros peixes.
Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico

Vida

Nos estratos pertencentes a era Paleozoica atópanse extensos grupos de rochas sedimentarias de orixe mariña, nas que aparecen por primeira vez abundantes fósiles perfectamente conservados, principalmente radiolarios e foraminíferos, así como animais xa de maior tamaño e de organización máis complicada, como os trilobites. Nos primeiros periodos desta era non se atopan fósiles de vextais mariño, pero o final, sobre todo a partir do carbonífero, descurense restos de vexetais terrestres, como os fentos e as gimnospermas, que formaron selvas extensas e espesas. Na actualidade constituen importantes depósitos de hulla e antracita. A fauna mariña foise enriqueciendo coa sucesiva aparición dos corais, os trilobites e os moluscos, como os cefalópodos, e no Silúrico surxiron os primeiros animais terrestres, como os escorpións, a os que seguieron os insectos primitivos. No mar apareceron os peixes, que tiñan o seu esqueleto brando. O final da era, os anfibios —primeiro— e algúns réptiles —despois— constituiron os primeiros vertebrados terrestres. Entre os reptís destacan os pteromorfos, antecesores dos mamíferos, xa que presentan rasgos comúns. O desenvolvemento dos réptiles nesta era é preparatorio ao gran auxe que tiveron na siguiente.

Xeoloxía

Fai uns 600 m.a. A terra estaba constituida por 4 grandes masas continentais que representan el o esqueleto dos continentes actuais. Os seus contornos e posicións relativas son moi incertas. Durante o Paleozoico estas masas foron desplazándose e o final do Pérmico, fai 225 m.a. aproximadamente, colisionaron e formaron unha masa continental única, chamada Panxea, rodeada por un único e amplo océano, Panthalasa. A colisión entre os continentes deu lugar a unha actividad oroxénica que estivo representada por dous grandes pregamentos; o Caledoniano, polo que se formaron, entre outras, as cordilleiras de Escocia, Escandinavia e Siberia; e o Herciniano, que afectou a toda Europa.