Escroto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: tl:Eskroto
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 43: Liña 43:
[[la:Scrotum]]
[[la:Scrotum]]
[[lt:Kapšelis]]
[[lt:Kapšelis]]
[[ml:വൃഷണ സഞ്ചി]]
[[nds:Klötensack]]
[[nds:Klötensack]]
[[nl:Scrotum]]
[[nl:Scrotum]]

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2009 ás 08:41

Nos animais do sexo masculino, o escroto é unha bolsa externa de pel e músculo que contén os testículos. É unha extensión do abdome e está localizado entre o pene e o ano.

Nos humanos, ata a novena semana de xestación, o feto macho ou femia só presenta aínda dous túbulos labio-escrotais que darán na meniña os labia maiora da vulva e o escroto no meniño. Cara ó séptimo ou oitavo mes os testículos baixarán ás bolsas escrotais.

Escroto Humano.

A función do escroto, é manter os testículos a unha temperatura inferior á do resto do corpo (34.4º celsius) para favorece-la produción de espermatozoides (espermatoxénese), a calor excesiva destrúe os espermatozoides. A regulación térmica efectúase gracias ó movemento reflexo do músculo cremaster que, contraendo o escroto, achega os testículos ó corpo cando vai frío e á inversa cando vai calor, favorecendo pola transpiración o mantemento dunha temperatura máis baixa.

A pel do escroto é particularmente permeable a numerosas moléculas, podería xogar un rol no sistema hormonal. O cirurxán inglés Percivall Pott (1714-1788) decatárase xa de que os nenos que foran empleados, polo seu pequeno tamaño, desenfeluxando chemineas eran máis numerosos a desenvolver un cancro de escroto na idade adulta, cara ós 20 anos, o que foi un dos primeiros indicios das causas ambientais de certos cancros.

Aínda que a temperatura ideal varíe conforme a especie, nos animais de sangue quente parece haber unha maior necesidade de controlo, e de aí a necesidade e evolución do escroto, a pesar do riscos que representa por non ofrecer protección aos testículos.

Suponse que a fraca resistencia do esperma ás altas temperaturas, sirva para impedir que mulleres doentes (con febre), poidan empreñar.

Nos humanos e noutros mamíferos, o escroto fica coberto de pelos púbicos a partir da puberdade.


Modelo:Sistema reprodutor