O legendarium de Tolkien: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:


==Referencias==
==Referencias==
{{Listaref}}
<references/>


==Obras citadas==
==Obras citadas==

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2009 ás 16:38

Legendarium é un termo empregado nos estudos literarios sobre a obra de J. R. R. Tolkien para facer referencia tanto aos seus escritos acerca do mundo de Arda como á historia e ás lendas contidas nesa obra de ficción.

Orixe do termo

Un legendarium é unha compilación de lendas. En principio, este escuro substantivo latino adoitaba utilizarse en varias linguas europeas para describir os textos que detallaban lendas das vidas de santos. Un exemplo que chegou ata os nosos días é o Legendarium de Anjou, que data do século XIV.[1]

Uso do termo por parte de Tolkien

Tolkien usou o termo legendarium para se referir á súa obra en varias das súas cartas:

  • Sobre O Silmarillion: "Este legendarium remata cunha visión da fin do mundo, a súa destrución e recomposición, e a restauración dos Silmarilli e a 'luz antes do sol' ...." (Carta a Milton Waldman, describindo O Silmarillion e O Señor dos Aneis, escrita ao redor de 1951)[2]
  • "... o meu legendarium, en especial a 'Caída de Númenor', que antecede inmediatamente a O Señor dos Aneis, está baseado no meu punto de vista: que os Homes son en esencia mortais e non deben tentar acadar a 'inmortalidade' carnal." (Carta escrita en 1954)[3]
  • "En realidade, no imaxinario desta historia, agora vivimos nunha Terra fisicamente redonda. Mais, no seu conxunto, o 'legendarium' contén unha transición desde un mundo plano... a un globo ...." (Carta escrita en 1954)[4]
  • "Mais o comezo do legendarium, do que a Triloxía constitúe unha parte (a conclusión), era unha tentativa de reorganizar un fragmento do Kalevala ...." (Carta escrita en 1955)[5]

Uso posterior do termo

O uso do termo nos estudos académicos sobre Tolkien vai desde o título dun libro acerca da materia (Tolkien's Legendarium), á introdución de Christopher Tolkien para a serie The History of Middle-earth, na que fala sobre o "'legendarium' principal", e á seguinte descrición contida na J. R. R. Tolkien Encyclopedia: "The History of Middle-earth é un estudo lonxitudinal do desenvolvemento e elaboración do legendarium de Tolkien a través dos seus manuscritos transcritos, con comentarios de texto da man do editor, Christopher Tolkien."[6]

Véxase tamén

Referencias

  1. Anjou Legendarium
  2. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #131, ISBN 0-395-31555-7
  3. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #153, ISBN 0-395-31555-7
  4. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #154, ISBN 0-395-31555-7
  5. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #163, ISBN 0-395-31555-7
  6. J. R. R. Tolkien Encyclopedia, entrada "The History of Middle-earth".

Obras citadas