Lingua algonquina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
m outra táboa da wiki francesa
Liña 104: Liña 104:
|  
|  
|}
|}
=== Vogais ===

{| class="wikitable"
|-
|: ''curtas''
:* '''a''' {{IPA|[ʌ]}}
:*'''e''' {{IPA|[e]}} ou {{IPA|[ɛ]}}
:*'''i''' {{IPA|[ɪ]}}
:*'''o''' ou '''u''' {{IPA|[ʊ]}}
|: ''longas''
:*'''à''' (tamén '''á''' ou '''aa''') {{IPA|[aː]}}
:*'''è''' (tamén '''é''' ou '''ee''') {{IPA|[eː]}}
:*'''ì''' (tamén '''í''' ou '''ii''') {{IPA|[iː]}}
:*'''ò''' (tamén '''ó''' ou '''oo''') {{IPA|[oː]}}
|}
== Notas ==
== Notas ==
<references/>
<references/>

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2009 ás 19:19

O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua[1]. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.

Distribución xeográfica

En verde territorio histórico de lingua algonquina

Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.

Territorio actual onde se fala algonquino

Falantes

Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[2]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):

  • Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
  • Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés
  • Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés
  • Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés
  • Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés
  • Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés
  • Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés
  • Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
  • Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes

En Ontario hai 65 falantes:

  • Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés

Ensino

O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Alveolar Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva sonora   b  [b]   d  [d]     g  [g]  
xorda   p  [p]   t  [t]     k  [k]  
aspirada   p  [pʰ]   t  [tʰ]     k  [kʰ]  
Africada sonora       dj  [ʤ]    
xorda       tc  [ʧ]    
Fricativa sonora     z  [z]   j  [ʒ]    
xorda     s  [s]   c  [ʃ]     h  [h]
Nasal     m  [m]   n  [n]      
Aproximante     w  [w]   y  [j]      

Vogais

: curtas
  • a [ʌ]
  • e [e] ou [ɛ]
  • i [ɪ]
  • o ou u [ʊ]
: longas
  • à (tamén á ou aa) [aː]
  • è (tamén é ou ee) [eː]
  • ì (tamén í ou ii) [iː]
  • ò (tamén ó ou oo) [oː]

Notas

  1. Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001
  2. http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá

Ligazóns externas