Pseudópodo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: id:Pseudopodia |
m recat |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Outros artigos=== |
|||
*[[Ameboide]] |
|||
*[[Ameba]] |
|||
[[Categoría: |
[[Categoría:Orgánulos]] |
||
[[bg:Псевдопод]] |
[[bg:Псевдопод]] |
Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2009 ás 17:58
Un pseudópodo (do grego pseudos falso e de podo pé) é unha prolongación do citoplasma dalgúns organismos unicelulares como as amebas, na cal unha serie de proteínas van fluír nun sentido mediante as fibras de miosina. Isto servirá ó organismo para se desprazar ou se alimentar.
Funcións
- Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con flaxelos e cilios).
- Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nunha vacuola (fagocitose). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células (fagocitos) de organismos pluricelulares.
Clasificación segundo a súa morfoloxía
Os pseudópodos poden ser de varios tipos segundo o seu aspecto:
- Lobopodios: grosos, curtos e con extremos arredondados, típicos de Amoebozoa.
- Filopodios: máis finos e cos extremos rematados en punta, consistindo principalmente en ectoplasma. Estas formacións apóianse en microfilamentos.
- Reticulopodios: tamén coñecidos como pseudópodos reticulados, é onde os finos pseudópodos individuais se amorean entre si e forman unha rede irregular no exterior do protozoo. Preséntanse nos foraminíferos.
- Axopodios: són pseudópodos finos, longos e ríxidos. Conteñen complexos grupos de microtúbulos envolvidos por citoplasma. Obsérvanse en radiolarios e en heliozoos.
-
Lobopodios nunha ameba
-
Filopodios nun nucleariida
-
Reticulopodios nun foraminífero
-
Axopodios nun heliozoo
-
Sección dun axopodio amosando os microtúbulos