Lingua algonquina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
O '''algonquino''' é unha lingua do grupo algonquino que se fala en [[Canadá]] próxima ao [[Lingua ojibwa|Ojibwe]], algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.
O '''algonquino''' é unha lingua do grupo algonquino que se fala en [[Canadá]] próxima ao [[Lingua ojibwa|Ojibwe]], algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.



Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2009 ás 09:11

O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.

Distribución xeográfica

Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.

Falantes

Segundo o censo de 2001 había 1510 falantes, deles 1445 teñen o algonquino como lingua materna. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 1435 falantes:

  • Reserva de Lac Simon: 760 algonquino, 215 francés e 20 inglés.
  • Reserva de Pikogan: 240 algonquino, 145 francés, 55 inglés e 10 inglés-francés
  • Reserva de Kitigan: 270 algonquino, 645 inglés, 130 francés e 35 inglés-francés
  • Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 35 francés
  • Reserva de Winneway: 35 algonquino e 110 inglés
  • Reserva de Timiskaming: 25 algonquino, 455 inglés e 40 francés
  • Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 205 inglés e 15 francés
  • Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
  • Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes

En Ontario hai 65 falantes:

  • Reserva de Pikwakanagan: 15 algonquino, 420 inglés e 10 francés

Ensino

O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.

Ligazóns externas