Kahoolawe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig in
lig int
Liña 37: Liña 37:


[[Imaxe:KahoolaweLandsat.jpg|thumb|300px|right|Vista desde satelite de Kahoolawe]]
[[Imaxe:KahoolaweLandsat.jpg|thumb|300px|right|Vista desde satelite de Kahoolawe]]
'''Kahoolawe''' (oficialmente en [[hawaiano]], Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de [[Hawai]]. Está situada a 11,2 km ao suroeste de [[Maui (illa)|Maui]] e ao sueste de [[Lānai(illa)|Lanai]]. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.
'''Kahoolawe''' (oficialmente en [[hawaiano]], Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de [[Hawai]]. Está situada a 11,2 km ao suroeste de [[Maui]] e ao sueste de [[Lānai(illa)|Lanai]]. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.


==Xeografía==
==Xeografía==

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2009 ás 07:47

Kahoolawe
Bandeira Escudo
Localización
Datos
Capital
País Estados Unidos
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 115´5 Km²
Densidade
Concellos
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 452 m. Puʻu Moaulanui (Lua Makika)
Vista desde satelite de Kahoolawe

Kahoolawe (oficialmente en hawaiano, Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de Hawai. Está situada a 11,2 km ao suroeste de Maui e ao sueste de Lanai. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.

Xeografía

A illa, de 18 km de longo e 10 km de ancho, ten unha superficie total de 115 km². A altitude máxima é o cráter do Lua Makika, na cima do Puu Moaulanui, de 452 metros sobre o nivel do mar. A illa é relativamente seca debido á escasa elevación e á súa situación a sotavento da elevada Maui.

En 1993, o estado de Hawai estableceu a reserva da illa Kaho´olawe. Tanto a illa como as augas litorais só poden utilizarse con finalidades culturais, espirituais e de subsistencia para os nativos hawaianos. Están prohibidos os usos comerciais e só se permiten as actividades de pesca, mantemento ambiental, preservación histórica e educación. Preténdese recuperar a illa controlando a erosión, restablecendo os acuíferos e substituíndo a vexetación foránea por autóctona.

Historia

Fai uns 1.000 anos, Kahoolawe estivo poboada por pequenas comunidades de pescadores. Terra dentro, algunhas zonas foron cultivadas. Construíronse plataformas de pedra para as cerimonias relixiosas, e aínda poden atoparse algúns petróglifos. Como hai pouca auga doce, a poboación debía ser escasa. O maior establecemento era en Hakioawa, ao norte da illa diante de Maui.

As guerras entre Hawaii e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei Kamehameha III substituíu a pena de morte polo exilio e, entre 1830 e 1853, Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.

Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na Segunda Guerra Mundial, o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécella popularmente como The Target Island ou a "Illa Branco".

Entre 1976 e 1990 diversos activistas estiveron loitando para que se suspendesen os adestramentos con lume real, protexésense os restos históricos e restaurásese o ecosistema da illa. Finalmente, en 1994 transferiuse a illa ao estado de Hawai, baixo o control da Kaho´olawe Island Reserve Comission. Hoxe en día aínda se está limpando o terreo de pezas de artillería sen explotar.