Patio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño menor
Córdoba -> Córdoba, España
Liña 9: Liña 9:
O chan dos patios pode ser acabado de [[baldosa]]s ou de [[formigón]], ou ben unha zona axardinada. En calquera caso, adoita dispor dun sistema de [[drenaxe]] ou de evacuación da auga de [[choiva]] e evitar así a súa acumulación. As casas [[Roma antiga|romanas]] adoitaban dispor dun depósito de auga, ou ''impluvium'', que se enchía directamente coa choiva.
O chan dos patios pode ser acabado de [[baldosa]]s ou de [[formigón]], ou ben unha zona axardinada. En calquera caso, adoita dispor dun sistema de [[drenaxe]] ou de evacuación da auga de [[choiva]] e evitar así a súa acumulación. As casas [[Roma antiga|romanas]] adoitaban dispor dun depósito de auga, ou ''impluvium'', que se enchía directamente coa choiva.


En [[Andalucía]] dáse especial importancia aos [[Patio andaluz|patios]] e nalgunhas vilas e cidades como [[Córdoba]] organízanse festas e concursos para incentivar o seu coidado e decoración.
En [[Andalucía]] dáse especial importancia aos [[Patio andaluz|patios]] e nalgunhas vilas e cidades como [[Córdoba, España|Córdoba]] organízanse festas e concursos para incentivar o seu coidado e decoración.


[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2009 ás 08:52

Patio dos Leóns da Alhambra de Granada

Patio (do latín pactus a través do occitano pàtu) é unha zona aberta situada no interior dun edificio.

Pode estar rodeado completamente polo resto de pezas do edificio, ou ben por tapias que o separen doutros patios veciños ou da rúa. En todo caso é unha zona sen teito. Pode ter algunha parte cuberta pero neste caso esa zona non terá separación algunha co resto do patio. Como moito algunha columna ou arcada para soportar a estrutura do alpendre ou soportal.

En edificios altos de vivendas existen patios interiores para dar iluminación a todas as habitacións de cada piso. O fondo do patio adoita ser privado anexo á vivenda da planta baixa ou primeira, unha zona común accesible ou pechada, ou ben inaccesible por motivos de seguridade. Estes patios poden coincidir con outros análogos de edificios veciños e tamén quedar cun lado aberto á rúa para obter maior iluminación.

O chan dos patios pode ser acabado de baldosas ou de formigón, ou ben unha zona axardinada. En calquera caso, adoita dispor dun sistema de drenaxe ou de evacuación da auga de choiva e evitar así a súa acumulación. As casas romanas adoitaban dispor dun depósito de auga, ou impluvium, que se enchía directamente coa choiva.

En Andalucía dáse especial importancia aos patios e nalgunhas vilas e cidades como Córdoba organízanse festas e concursos para incentivar o seu coidado e decoración.