Torre da homenaxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
desfago redirección innecesaria
Categoría máis específica
Liña 8: Liña 8:
As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara o [[século XI]] adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.
As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara o [[século XI]] adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.


[[Categoría:Arquitectura]]
[[Categoría:Arquitectura militar]]
[[Categoría:Idade Media]]
[[Categoría:Idade Media]]



Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2009 ás 09:35

Torre da homenaxe do Castelo de Almourol, en Portugal, destacada no interior da cintura de murallas.
Ficheiro:LC981 002.JPG
O "torreón dos Andrade", en Pontedeume.
A Torre da Homenaxe do Castelo dos Andrade, en Vilalba. Hoxe fai parte dun Parador de Turismo

A torre da homenaxe é a parte da estrutura central do castelo medieval na que se concentran os dormitorios e principais salas e constitúe o principal punto de poder e último reduto de defensa. Esta torre é mais alta do que a cerca de muralla, permitindo o tiro directo para fora desta. É frecuentemente de planta cuadrangular, coa entrada no primeiro piso, sendo o acceso apenas posíbel por unha escada de madeira, facilmente removíbel ou eliminada se fose o caso de perda do resto das estruturas. Nela están a armería e o pozo principal.

Tamén pode ter planta circular, hexagonal, octogonal ou en forma de polígono irregular. De feito, moitos castelos son pouco máis que unha torre da homenaxe.

As máis antigas consistían nunha simple torre cadrada con muros anchos e cara o século XI adquiriran xa as características típicas. A súa forma e función mudaron co tempo e variaban coa rexión.