Aragonita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: no:Aragonitt
Sz-iwbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: el:Αραγονίτης
Liña 40: Liña 40:
[[ca:Aragonita]]
[[ca:Aragonita]]
[[de:Aragonit]]
[[de:Aragonit]]
[[el:Αραγονίτης]]
[[en:Aragonite]]
[[en:Aragonite]]
[[eo:Aragonito]]
[[eo:Aragonito]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2009 ás 07:39

Aragonita
Crecemento de cristais de aragonita en forma de piña
Fórmula químicaCaCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorBranca, parda, verde, violácea ou grisácea
BrilloVítreo
Dureza3,5-4
FracturaIrregular, concoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade2,94 g/cm3

A aragonita (tamén aragonito) é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema ortorrómbico.

Aspecto

Presenta critais de forma tabulares hexagonais, normalmente de cor branca ou parda. En ocasión os cristais crecen en forma de piña, formando maclas ou en forma de agregados radiados ou aciculares.

Lugares onde se atopa

A aragonita atópase en moi diversos xacementos: en zonas de oxidación, en drusas e filóns de rochas eruptivas, en arxilas e en despósitos de fontes termais. Encóntrase a miúdo en asociación co cuarzo e con minerais de oxidación.

Propiedades

Este mineral presenta reacción ó ácido clorhídrico, expulsando CO2 cando se pon en contacto con esta substancia.

Algunhas variedades poden presentar fluorescencia baixo os raios ultravioleta.

Outros carbonatos

A calcita é outro carbonato, que ademáis é polimorfo da aragonita (comparte a mesma composición química).