Illa Mangareva: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Mangareva
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lb:Mangareva
Liña 56: Liña 56:
[[fr:Mangareva]]
[[fr:Mangareva]]
[[it:Mangareva]]
[[it:Mangareva]]
[[lb:Mangareva]]
[[nl:Mangareva]]
[[nl:Mangareva]]
[[pl:Mangareva]]
[[pl:Mangareva]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2009 ás 15:31

Localización do grupo Acteón (número 1) nas Tuamotu.

Mangareva é a illa principal do arquipélago das Gambier, na Polinesia Francesa. Situado a 1.400 km ao sueste de Tahití. O nome Mangareva significa «montaña flotante». Foi descuberta en 1797, polo inglés James Wilson, que a chamou Peard.

Xeografía

Mangareva é a illa máis grande das Gambier, cunha superficie total de 14 km², un 56% do total do arquipélago. Tamén ten o punto máis alto do grupo: o Monte Duff de 441 m, que leva o nome do barco de Wilson, e á beira está o Monte Mokoto de 423 m. A illa está rodeada por unha barreira de escollos de 64 km de circunferencia. Á beira da lagoa e ao pé do Monte Duff está a vila principal, Rikitea. A vexetación é abundante en flores, arbustos e froitos.

A poboación total, no censo do 2002, era de 1.097 habitantes. A principal actividade económica é o cultivo de perlas, coa apreciada perla negra. O dialecto polinesio que se fala está emparentado cos dialectos das illas Austrais e das illas Cook meridionais.

O aeroporto atópase no illote Totegegie, a 45 minutos en barca.

Historia

Mangareva ten numerosos vestixios arqueolóxicos dos séculos XII ao XV. Preto de Rikitea atópanse a residencia real (Marau Tagaroa), a dos xefes relixiosos (Te Hau o te Vehi), a casa comunal (Are Apere), o templo principal ou marae (Te Kehika), e ata cinco maraes máis.

Contrariamente ás outras illas, onde os polinesios introduciron porcos, cans e galiñas, en Mangareva a poboación seguía un réxime vexetariano e de peixe, a poboación obtiña os recursos carentes na illa comerciando cos habitantes de Illas Pitcairn e as Illas Marquesas. Con todo Mangareva é unha illa cun ecosistema moi suceptible e a actividade humana provocou a súa rápida deforestación, ao non ter árbores a poboación non puido construír canoas e quedou illada, ao perder todos os recursos que obtiña das illas veciñas a calidade de vida caeu repentinamente e parece que ata houbo unha guerra civil e actos de Canibalismo. Isto provocou indirectamente a desaparición da poboación en Pitcairn e Henderson.

En 1834 foi o lugar escollido pola Congregación do Sacro Corazón como base para establecer a primeira misión católica na Polinesia. Os pais Laval e Caret deixaron un patrimonio arquitectónico monumental:

  • Catedral de San Miguel, de 48 m de longo, 9 m de alto, e capacidade para 2.000 persoas.
  • Igrexa de San José, de 21 m.
  • Capela de San Miguel, no cemiterio de Rikitea.
  • Capela de Santa Ana.
  • Capela de San Pedro, coa tumba do rei bautizado Gregorio.
  • Convento de Santa Ágata.
  • Casas reitorais, conventos, camiños de procesión, arco do triunfo no palacio real, fornos de pan, cárcere...

Para máis información consultar o apartado correspondente ás illas Gambier.

Comuna de Mangareva

Mangareva, como única illa habitada ao sur das Tuamotu, é a capital de comuna das illas Gambier e diversos atois ao sur das Tuamotu.

Illas Gambier

Consultar o artigo principal sobre as illas Gambier.

Son, ademais de Mangareva: Taravai, Akamaru, Aukena, Temoe, e diversos illotes.

Grupo Acteón (Groupe Actéon)

O grupo Acteón está formado por catro atois: Tenararo, Vahanga, Matureivavao e Tenarunga. Tamén se lle chamou grupo Matureivavao. Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós, en 1606, que o describe como catro illas iguais coroadas de cocos. En diferentes relacións da viaxe sae como «as Catro Coroadas», «as Catro Irmás» ou «as Alagadas». En 1983 foron devastadas polos efectos dun ciclón.

Marutea Sur

Marutea Sur é un atol de 14 km² ao sur das Tuamotu. Foi descuberto por Quirós, que a chamou «San Telmo», «San Blas» ou «Curral de Auga». Explorado en 1791 por Edward Edwards mentres buscaba aos amotinados do Bounty, chamouno Lord Hood. É visitado ocasionalmente por pescadores de perlas. Chámaselle coa orientación sur para distinguilo de Marutea Norte, tamén nas Tuamotu.

María Este

O atol María tamén se chama a miúdo María Este para distinguilo do illote María nas Austrais. O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Vírxe María. Historicamente tamén se lle chamou Wright Lagoon e Moerenhout. É un atol cunha lagoa pechada e con cocos e pandanaceae.

Morane

Morane é un atol formado por unha lagoa pechada e tres illotes con cocos e pandanaceae, a 110 km ao oeste de Mangareva. Tamén se lle chamou Cadmus.