Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Un '''organismo pluricelular''' é aquel que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares - [[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros- que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
Un '''organismo pluricelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significa "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "celda", "habitación pequena") é aquel que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares - [[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros- que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, se posibilita a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como [[myxobacteria]], atopan células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2009 ás 08:36

Un organismo pluricelular (das formas do latín plures, plura, plurium que significa "varios", "moitos"; e cellula, diminutivo tamén latino de cella, "celda", "habitación pequena") é aquel que está constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares - protozoos e bacterias, entre moitos outros- que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, se posibilita a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como myxobacteria, atopan células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudio/estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir de cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.