Miroslav Klose: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sw:Miroslav Klose
Liña 81: Liña 81:
[[sr:Мирослав Клозе]]
[[sr:Мирослав Клозе]]
[[sv:Miroslav Klose]]
[[sv:Miroslav Klose]]
[[sw:Miroslav Klose]]
[[th:มิโรสลาฟ โคลเซ]]
[[th:มิโรสลาฟ โคลเซ]]
[[tr:Miroslav Klose]]
[[tr:Miroslav Klose]]

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2009 ás 21:41

Modelo:InfFutMiroslav Klose (nado Mirosław Klose o 9 de Xuño, 1978 en Opole, Polonia) é un goleador da selección nacional de fútbol de Alemaña. A súa nai Barbara foi membro do equipo nacional polaco de balonmán (82 encontros internacionais)e o seu pai Josef, de etnia xermana, foi entre outras cousas un xogador de fútbol profesional no AJ Auxerre. A familia mudou primeiro á Francia e logo, no 1987, á Kusel en Alemaña. No Mundial de fútbol Corea e Xapón 2002, marcou cinco goles coa Selección nacional de fútbol de Alemaña, rematando coma un dos mellores xogadores do mundial. Esta marca a repetiría catro anos despois no Mundial de fútbol Alemaña 2006, resultando máximo anotador do torneo e quedando en terceiro posto coa selección xermana.

Na atualidade xoga no Bayern Munich, do que é unha das súas estrelas.

"Miro" e a súa muller Sylwia foron pais de xemelgos o 30 de xaneiro de 2005, chamados Luan e Noah.

Perfil do xogador

A pesar da súa fama relativamente modesta, Klose é un dos mellores dianteiros que rematan coa testa na Bundesliga. Ademais, xoga dunha maneira naturalmente agresiva e é tecnicamente un xogador apropiado, capaz de rematar cos pés tamén. No 2005, o introvertido Klose é considerado coma un dos mellores goleadores alemáns.

Outros datos

A marca de fábrica de Miro, a celebración dos goles, consiste en abrazar ós seus compañeiros de equipo Johan Micoud e Ivan Klasnic ou un "Salto" (termo alemán para voltereta) que fixo ata cinco veces durante a Copa do Mundo de 2002.

Ligazóns externas