Percy Williams Bridgman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños diversos
Nallimbot (conversa | contribucións)
Liña 54: Liña 54:
[[sw:Percy Bridgman]]
[[sw:Percy Bridgman]]
[[tr:Percy Williams Bridgman]]
[[tr:Percy Williams Bridgman]]
[[uk:Бріджмен Персі]]
[[uk:Персі Бріджмен]]
[[zh:珀西·威廉斯·布里奇曼]]
[[zh:珀西·威廉斯·布里奇曼]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2009 ás 09:04

Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e falecido en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

Biografía

Estudou física na Universidade de Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.

Suicidouse logo de serlle diagnosticado un cancro.

Investigacións científicas

En 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².

Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.

En 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.

Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 ºC obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.

Ligazóns externas

Modelo:Premios Nobel de Física