Cursus honorum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{En progreso}}
A carreira política en [[Roma Antiga|Roma]] recibía o nome de [[cursus honorum]], ''carreira dos honores'', que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíñase que ascender dende a escala inmediatamente inferior.

O cursus honorum comprendía catro etrapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.
O cursus honorum comprendía catro etrapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2009 ás 17:27

A carreira política en Roma recibía o nome de cursus honorum, carreira dos honores, que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíñase que ascender dende a escala inmediatamente inferior. O cursus honorum comprendía catro etrapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.

- Os cuestores tiñan como función coidar da facenda pública e levar as contas do estado.

- Os edis estaban encargados de velar polo bo funcionamento da administración municipal e ademais controlaban os festexos, os mercados e coidaban os templos.

- Os pretores encargábanse da administración de xustiza.

- Os cónsules debían ser dous. Tiñan o poder surpemo e eran os xefes do exército e presidían o Senado.

Ademais destes cargos existían outros que non pertenecían ao cursus honorum:

- Tribunos da plebe: velaban polos dereitos dos plebeos.

- Censores: confeccionaban o censo de cidadáns e vixiaban a pureza dos costumes.

- Dictador: era unha maxistratura extraordinaria á que só se recurría cando as graves circunstancias así o requerían, polo que todos os poderes se concentraban nunha persoa. Dispuña dun prazo de seis meses para resolver o problema que suscitara a súa proclamación.