Medicina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: uk
Lmbuga (conversa | contribucións)
→‎Outros: Acceso á Medciclopedia: Dicionario de termos médicos en español
Liña 88: Liña 88:


==Outros ==
==Outros ==
[[A ciencia ten nome de muller]]
*[[A ciencia ten nome de muller]]
*[[http://www.iqb.es/diccio/diccio1.htm Medciclopedia]]: Dicionario de termos médicos en español

{{wiktionary}}
{{wiktionary}}



Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2006 ás 22:50

.
.

A Medicina é a área do coñecemento humano ligada á manutención e restauración da saúde. Ela é, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha faculdade de medicina.

No entanto, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos cuidados co enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros (vexa Ciencias da Saúde ).

Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non é apenas a ausencia de doenza. É moito máis do que iso, é o completo ben estar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos da medicina estar tan intrínseca e historicamente ligada á política.

Historia da medicina

Hipócrates considérase o pai da medicina. Viviu cerca de 300 anos antes de Cristo e deixou un legado ético e moral válido ata hoxe. Precursor do pensamento científico, procuraba detalles nas doenzas dos seus pacientes para chegar a un diagnóstico, precindindo de explicacións sobrenaturais a pesar da limitación do coñecemento da época. Aínda antes da era cristiá, Asclepíades de Bitinia tentou conciliar o atomisto de Leucipo e Demócrito coa práctica médica.

No primeiro século de era cristiá, Claudio Galeno, outro médico grego, deu contribucións substanciais (baseado en experiencias con animais) para o desenvolvemento da medicina.

Na Idade Media os relixiosos asumiron o control da arte de curar a través de medicamentos e deixaron para os barbeiros, que xa lidaban coa navalla, a arte de drenar abcesos e retirar pequenas imperfeccións da pel. A formación de secrecións purulentas era considerada normal e saudábel.

En 1865, Louis Pasteur teorizou que as infeccións eran causadas por seres vivos. Foi el o inventor do proceso de pasteurización, moi utilizado no leite. Lister, en 1865, aplicou pola primeira vez unha solución antiséptica nun paciente con fracturas complexas, con efecto profilático na infección. Iniciouse unha nova era. En 1928 Alexander Fleming descubriu a penicilina ao observar que as colonias de bacterias non crescían próximo ao mofo dalgunhas placas de cultura. Surxe unha nova era: a dos antibióticos, que permitiu aos médicos curaren infeccións antes consideradas mortais. A evolución desde entón non parou. A eterna loita do home contra a morte entrou nunha nova etapa, cada vez máis moderna e, infelizmente, cara.

Ciencias médicas e profesións médicas

A Medicina ten dous aspectos: é unha área de coñecemento (isto é, unha ciencia) e é unha área de aplicación dese coñecemento (as profesións médicas). Podemos considerar dúas grandes areas na práctica profesional, a medicina (trata da doenzas dos seres humanos) e a veterinaria (que trata das doenzas das outras especies de animais), dentro da medicina humana, podemos destacar a odontoloxía. A Medicina baseada en evidencias é unha tentativa de ligar eses dous aspectos (ciencia e práctica) a través do uso do método científico, buscando a través de técnicas e investigacións científicas o mellor tratamento para un determinado paciente.

Ás veces, pode ser difícil distinguir entre ciencia e profesión en Medicina. Os varios ramos especializados da Medicina estúdanse por ciencias básicas especializadas e por correspondentes profesións médicas, igualmente especializadas, que lidan con órganos, sistemas orgánicos e as súas doenzas. As ciencias básicas da medicina frecuentemente son as mesmas doutras áreas da ciencia como a bioloxía, a física, a ciencia veterinaria e a química.

Existen varias áreas ligadas á saúde : odontoloxía, psicoloxía.enfermaría (o cuidado co paciente doente), farmacia, terapia da fala e da linguaxe, fisioterapia , terapia ocupacional, nutrición, protética e bioenxeñaría.

Ciencias básicas, suplementares e relacionadas

Especialidades diagnósticas e de imaxe

  • Bioquímica Clínica
  • Microbioloxía clínica se preocupa cos diagnósticos in vitro de bacterias, fungos, e protozoarios.
  • Informática Médica é o campo de estudo relacionado á vasta gama de recursos que poden aplicarse no xerenciamento e utilización da información biomédica, incluíndo a computación médica e o propio estudo da natureza da información médica.
  • Radioloxía - a radioloxía comporta desde a visión do corpo humano a través de radiografías simples ou contrastadas, como tamén a Tomografía Axial Computadorizada.
  • Ultra-sonografía - estudo do corpo humano a través do ultra-son, que forma sombras e ecos nas estruturas do corpo humano.


Médicos

Outros