Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Théophile Gautier
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Théophile Gautier
Liña 78: Liña 78:
[[bg:Теофил Готие]]
[[bg:Теофил Готие]]
[[ca:Théophile Gautier]]
[[ca:Théophile Gautier]]
[[cs:Théophile Gautier]]
[[da:Théophile Gautier]]
[[da:Théophile Gautier]]
[[de:Théophile Gautier]]
[[de:Théophile Gautier]]

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2009 ás 05:51

Théophile Gautier par Nadar (1856)

Pierre Jules Théophile Gautier (Tarbes, 30 de agosto de 1811 - París, 23 de outubro de 1872) poeta, dramaturgo, novelista, xornalista, pintor e crítico de arte francés. Defensor do romanticismo o seu traballo e de difícil clasificación e serviu de referencia para movementos literarios posteriores como o parnasianismo, o simbolismo, o decadentismo e o modernismo.

Biografía

Théophile Gautier naceu o 30 de agosto de 1811 en Tarbes, capital do departamento de Hautes-Pyrénées, no sudoeste de Francia. O pai, Pierre Gautier, era un pequeno funcionario bastante culto. A mai foi Antoinette-Adelaïde Concarde. A familia trasladouse a París en 1814, onde residiron no distrito de Marais.

Gautier comezou a súa educación como interno no prestixioso Collège Louis-le-Grand en París (entre os seus alumnos estiveran Charles Baudelaire e Voltaire). A estancia durou tres meses e tivo que ser levado á casa a causa dunha doenza e da súa falta de adaptación. Acabou a instrución no Collège Charlemagne, pero o seu principal educador foi seu pai que o empurrou cara o estudo do latín. Na escola coñeceu a Gérard de Nerval que se converteu nun amigo para toda a vida e que lle presentou a Victor Hugo, xa establecido como poeta e dramaturgo e que tería unha importancia definitiva en apartar a Gautier da carreira de pintor coa que daquela soñaba e inclina-lo cara á literatura. Gautier estivo presente no tumultuoso estreo da obra de Hugo "Hernani", onde se fixo notar polo seu chaleco vermello.

Pouco despois da revolución de 1830 a familia Gautier pasou por dificultades económicas e tiveron que trasladarse ás aforas de París. Téophile decidiu ficar cos seus amigos no distrito de Doyenné, onde levou unha vida bohemia. A finais de 1830, Gautier comezou a frecuentar as reunións en Le Petit Cénacle, un grupo de artistas que se reunía no estudo de Jehan Du Seigneur, unha versión irreverente do "Cénacle" de Victor Hugo, e no que se xuntaban Gérard de Nerval, Alexandre Dumas pai, Petrus Borel, Alphonse Brot, Joseph Bouchardy e Philothée O’Neddy. Le Petit Cénacle gañou axiña sona de extravagante e excéntrico, pero tamén de punto de encontro único.

Gautier comezou a escribir poemas en 1826 pero o máis do seu tempo dedicouno a escribir para varios xornais, especialmente para "La Presse", o que lle deu a oportunidade de viaxar polo estranxeiro e ter contactos con xente influínte na alta sociedade e no mundo artístico. Gautier viaxou por España, Italia, Rusia, Exipto e Alxeria e as viaxes inspiraron moitos dos seus libros: Voyage en Espagne (Viaxe en España) de 1843, Trésors d’Art de la Russie (Tesouros do arte de Rusia) de 1858, e Voyage en Russie (Viaxe en Rusia) de 1867. A súa literatura de viaxe é considerada por moitos coma unha das mellores do século XIX, está escrita nun estilo moi persoal e dá unha idea dos gustos artísticos e culturais do autor.

Gautier era moi afeccionado o ballet romántico e escribiu guións para varios deles. O máis famoso é Giselle, que foi estreado pola bailarina Carlotta Grisi, a que Gautier amou toda a súa vida. A falta de correspondencia de Carlotta acabou por decidir a casar con Ernestina Grisi, cantante e irmá de Carlota.

Despois da revolución de 1848 Gautier escribiu case cen artigos en nove meses. O seu momento de prominencia coincidiu co tempo no que os antigos líderes do romanticismo Hugo, François-René de Chateaubriand, Alphonse de Lamartine, Alfred de Vigny e Alfred de Musset non estaban xa participando activamente no mundo. O seu prestixio foi confirmado polo seu posto de director da "Revue de Paris" entre 1851 e 1856. Durante estes anos deixou La Presse e comezou a traballar para Le Moniteur universel canso do traballo do xornalismo regular que atopaba humillante. Malia esa opinión comprou a editora da revista L’Artiste en 1856. Foi nesa revista onde publicou as súas teorías da arte pola arte.

Na década de 1860 aínda que viu a súa candidatura á Academia francesa rexeitada tres veces, asentouse literariamente. Charles-Augustin Sainte-Beuve, o crítico literario de máis sona da época dedicou tres artigos a examinar eloxiosamente toda a obra de Gauitier publicada ata 1863. En 1865 Gautier foi admitido no salón literario da princesa Mathilde Bonaparte, curmá de Napoleon II e sobriña de Napoleón Bonaparte. A princesa ofreceulle a Gautier a sinecura de ser o seu bibliotecario en 1868, posto que lle deu acceso á corte de Napoleon III.

Durante a guerra franco-prusiana Gautier volveu a París o saber que os prusianos avanzaban cara á capital francesa. Ficou coa familia durante a invasión e o tempo da Comuna. Morreu o 23 de outubro de 1872 dunha enfermidade cardíaca crónica. Foi enterrado no cemiterio de Montmartre en París.

A obra

Primeiros poemas

Poésies, publicada en 1830, é unha colección de corenta e dous poems que compuxo ós 18 anos. O libro foi publicado durante a revolución de xullo, non se vendeu e foi retirado. En is a collection of forty-two poems 832 os poemas foron de novo editados, coa adición doutros 20, baixo o nome de "Albertus". Outra edición viu a luz en 1845 con revisións dalgúns dos poemas. Estes poemas de xuventude están escritos nunha gran variedade de formas e seguen os modelos de poetas románticos coma Sainte-Beuve, Alphonse de Lamartine e Hugo. Albertus, publicado en 1832, e un longo poema narrativo de 122 estrofas de 11 alexandrinos e un verso final de 9 sílabas cada unha.. Albertus é unha parodia da literatura romántica, especialmente dos contos macabros e sobre o sobrenatural. Conta o historia dunha meiga fea que se transforma nunha moza fermosa e namora ó protagonista, Albertus, que acepta vende-la súa alma.

Les Jeunes-France: romans goguenards (“Os Jeunes-France: contos burlóns) saíu do prelo en 1833, era unha sátira do romanticismo. En 1831, o xornal "Le Figaro" fixo aparecer unha serie de traballos da nova xeneración de artistas románticos e publicounos no Jeunes-France.

La Comédie de la Mort, publicada en 1838 e unha peza de ton similar a Albertus. Nesta obra Gautier incide sobre o tema da morte. Neses anos, Gautier frecuentaba os cemiterios, que estaban a expandirse por causa dos andazos que se sucedían no pais. O escritor transforma a morte nunha experiencia embriagadora, voluptuosa, case humorística que o distrae da realidade cruel e expresa a sú necesidade de atopar luz entre as tebras e vida por sobre da morte.

Poesía da madureza

España, de 1845 adoita considerarse unha obra de transición. Ë un volume de 43 poemas de temas variados inspirados polas súas viaxes por España no verán de 1840. Neses poemas Gautier escribiu sobre aspectos diversos, deles algúns convencionais, da cultura e as tradicións españolas. Émaux et Camées (Esmaltes e Camafeos) de 1852 foi publicado durante unha viaxe polo Oriente Próximo e tense pola mellor obra do seu autor. O título reflexa o abandono da ambición romántica de crear a obra de arte "total" que inclúa a participación emocional do lector, en favor dun punto de vista máis moderno máis centrado en aspectos formais. A obra empezou como colección de 18 poemas en 1852, e chegou os 37 en anos posteriores.

Dernières Poésies (Derradeiros poemas) de 1872 e unha colección de poemas que van de pezas dos seus primeiros anos a fragmentos inacabados de pouco antes da morte do autor. Dominan os sonetso dedicados a amigos do poeta.

Obras teatrais

Entre 1839 e 1850, Gautier escribiu ou colaborou en varias obras dramáticas. Théophile Gautier non se consideraba autor senón poeta e narrador. O seu estilo non casaba co teatro da época, convencional e pequenoburgués e as obras de Gautier foron mal aceptadas ou mesmo non publicadas.

Une Larme du diable (Unha bagoa do demo) de 1839 foi escrita despois da viaxe de Gautier por Bélxica en '1836. A peza é considerada imitación dun misterio medieval, forma dramática popular no século XIV, que eran interpretada, en xeral, en igrexas polo seu contido relixioso. A obra fala dunha aposta entre Deus e o diaño e é de ton humorístico. Le Tricorne enchanté (O triscornio embruxado) situase no século VII. Nela un vello, Géronte, que quere casar cunha muller fermosa namorada doutro é enganado e ve como os dous amantes cavan xuntos. Ë unha obra leda con final feliz. La Fausse Conversion (“A falsa conversión) e unha obra satírica en prosa publicada na revista Revue Des Deux Mondes en marzo de 1846 que, coma moitas outras de Gautier, non se estreou en vida do autor. A acción transcorre no século XVIII e é considerada por algúns como antifeminista, expresando a opinión de Gautier sobre o papel da muller como fonte de pracer. Pierrot Posthume e unha breve comedia de fantasía inspirada na “comedia dell’arte”, que desenrola unha vez máis o tema do triángulo amoroso é acaba ben. Outras obras súas son Un Voyage en Espagne (1843), La Juive de Constantine (1846), Regardez mais ne touchez pas (1847) (só nunha pequena parte de Gautier), Pierrot en Espagne (1847) -de atribución dubidosa- e L’Amour souffle ou il veut (1850), inconclusa.

Bibliografía

  • 1830: Poésies(Volume I)
  • 1832: Albertus (poemas)
  • 1833: Les Jeunes France, roman goguenards. Novela
  • 1835-6: Mademoiselle de Maupin
  • 1838: La Comédie de la mort
  • 1839: Une Larme du diable
  • 1843: Voyage en Espagne
  • 1845: Poésies(completas. Estreo da comedia "Le tricorne enchanté"
  • 1846: Le club des haschichins
  • 1847: Estreo da comedia "Pierrot posthume"
  • 1851: Esteo do ballet "Pâquerette"
  • 1852: Caprices et zigzag , Emaux et camées, Italia
  • 1853: Constantinople
  • 1851: Estreo do ballet "Gemma"
  • 1855: Les Beaux-Arts en Europe
  • 1856: L’Art moderne
  • 1858: Le Roman de la momie (novela), Honoré de Balzac (biografía)
  • 1858-9: Histoire de l’art dramatique en France depuis vingt-cinq ans
  • 1861: Trésors d’art de a Russie ancienne et moderne
  • 1863: Le Captaine Fracasse , Romans et contes
  • 1865: Loin de Paris
  • 1867: Voyage en Russie
  • 1871: Tableaux de siée
  • 1872: Emaux et camées, Théâtre, Histoire du romantisme