Regencia Nacional y Carlista de Estella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Rexencia de Estella
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2006 ás 19:27

A Regencia Nacional y Carlista de Estella (RENACE) foi unha organización política carlista que apareceu en 1958 dirixida por Mauricio de Sivatte, antigo xefe do carlismo en Cataluña que fora expulsado do carlismo oficial en 1949. Considerábase a depositaria dos dereitos históricos da dinastía carlista tras a que consideraban perda de lexitimidade de Xavier de Borbón-Parma e editaba o boletín Tiempos Críticos. A RENACE tiña caracter tradicionalista e antifranquista e a maior parte dos seus membros residían en Cataluña.