Grelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
Hai que denotar a diferencia do grelo e as [[nabiza]]s: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.
Hai que denotar a diferencia do grelo e as [[nabiza]]s: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.


No mes de xaneiro de [[2008]], a [[Real Academia Galega]] aceptou o termo '''''greleiro''''' como ''Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dous grelos ou que negocia con eles'', despois de que o grupo Gadisa o propuxese.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/01/28/00031201512814097686518.htm?idioma=galego A RAG acepta o termo «greleiro»]</ref>
== Propiedades ==
== Propiedades ==
Ademais de posuír un alto contido en [[vitamina]]s, os grelos axudan a previr o [[cancro]].<ref name= Grelo></ref> Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os [[glucosinolato]]s os mesmos causantes do sabor acedo característico da [[verdura]].<ref name= Grelo></ref>
Ademais de posuír un alto contido en [[vitamina]]s, os grelos axudan a previr o [[cancro]].<ref name= Grelo></ref> Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os [[glucosinolato]]s os mesmos causantes do sabor acedo característico da [[verdura]].<ref name= Grelo></ref>

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2009 ás 16:37

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo.

A apariencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros platos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferencia do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dous grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.[1]

Propiedades

Ademais de posuír un alto contido en vitaminas, os grelos axudan a previr o cancro.[2] Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os glucosinolatos os mesmos causantes do sabor acedo característico da verdura.[2]

Entre as vitaminas destaca o seu alto contido en Calcio, facendo do grelo unha alternativa ao leite para os alérxicos á lactosa e recomendables para persoas que padezan de osteoporose.[2]

Cando se somete ao grelo ás altas temperaturas da cocción, parte dos nutrientes pérdense de xeito irremediable mentres que outra parte quedan no alimento e na auga onde se cociñan, polo que é recomendable comelos co seu caldo para aproveitar así os glucosinolatos preventores do cancro. Outros xeitos de conservar as súas propiedades son a súa cocción ao vapor ou pasalos na prancha.[2]

Produción en Galicia

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia ao redor de 100.000 toneladas de grelos.[2] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo deste vexetal pra ó consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do gando.[2]

No ano 2004 segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[2] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[2]

Os grelos na cultura popular

  • Non chas quero, non chas quero,/ nabizas do teu nabal;/ non chas quero, non chas quero,/ que me poden facer mal.

Referencias