Grelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Taxobox | name = Grelo
[[Ficheiro:Rapini.jpg|right|200px]]
| image = Rapini.jpg
| image_width = 250px
| regnum = [[Plantae]]
| species = ''[[Brassica rapa]]''
}}

O '''grelo''' é un sinónimo de [[xermolo]] que se aplica en moitas partes de [[Galicia]] exclusivamente ao gromo do [[nabo]].
O '''grelo''' é un sinónimo de [[xermolo]] que se aplica en moitas partes de [[Galicia]] exclusivamente ao gromo do [[nabo]].



Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2009 ás 15:21

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo.

A apariencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros platos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferencia do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

Produción en Galicia

Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia ao redor de 100.000 toneladas de grelos.[1] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo deste vexetal pra ó consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do gando.[1]

No ano 2004 segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[1] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[1]

Os grelos na cultura popular

  • Non chas quero, non chas quero,/ nabizas do teu nabal;/ non chas quero, non chas quero,/ que me poden facer mal.

Referencias

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 http://www.galiciae.com/nova/24656.html Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español