Isis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Ra (mitoloxía)->Ra (deus)
Liña 5: Liña 5:
==Iconografía==
==Iconografía==
[[Ficheiro:Egypte louvre 029.jpg|right|150px|thumb|Isis nai]]
[[Ficheiro:Egypte louvre 029.jpg|right|150px|thumb|Isis nai]]
Isis é representada como muller co [[xeroglífico]] do "trono" ''Ast'' sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un tocado co disco solar, por ser filla de [[Ra (mitoloxía)|Ra]], o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de [[milano]], abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa maternidade. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.
Isis é representada como muller co [[xeroglífico]] do "trono" ''Ast'' sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un tocado co disco solar, por ser filla de [[Ra (deus)|Ra]], o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de [[milano]], abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa maternidade. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.


Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da [[dinastía XVIII]] e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa [[Hathor]], xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o [[sistro]] e o [[menat]] (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o [[anj]] (ankh) e un bastón [[papiro|papiriforme]].
Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da [[dinastía XVIII]] e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa [[Hathor]], xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o [[sistro]] e o [[menat]] (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o [[anj]] (ankh) e un bastón [[papiro|papiriforme]].


==Mitoloxía==
==Mitoloxía==

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2009 ás 13:41

Isis é unha deusa na mitoloxía exipcia. Era máis prominente mitolóxicamente como a esposa e irmá de Osiris e a nai de Horus e adorábaselle como a esposa e nai arquetípica. O seu nome exipcio é Ast que significa trono, representado polo emblema que porta sobre a súa cabeza. Coñéceselle tamén como A Gran Maga, A Gran Deusa Nai, Raíña dos Deuses, A Forza Fecundadora da Natureza, Deusa da Maternidade e do Nacemento e como Señora das Pirámides en Giza.

A deusa Isis, pintura mural, ca. 1360 adC.


Iconografía

Isis nai

Isis é representada como muller co xeroglífico do "trono" Ast sobre a súa cabeza. Outras veces está sentada, ostentando un tocado co disco solar, por ser filla de Ra, o deus Solar. Podemos vela igualmente con ás de milano, abrindo os seus brazos para bendicir aos seus devotos e fillos, simbolizando a súa maternidade. Con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón.

Na súa versión antropomorfa, Isis é representada como unha muller que leva un axustado vestido e coroada co "trono" anteriormente explicado. A comezos da dinastía XVIII e no período tardío é representada con cornos e un disco solar entre eles, ao modo da deusa Hathor, xa que logo atributos tomados desta última deusa. Tamén porta o sistro e o menat (tomados da deusa Hathor) e, nas súas mans, tan só adoita levar o anj (ankh) e un bastón papiriforme.

Mitoloxía

Osiris, irmán e esposo de Isis, reinaba no antigo Exipto con paz, harmonía e sabedoría. O Nilo fertilizaba a terra e as colleitas eran abundantes. Os seus súbditos eran felices. Un día, Osiris saíu de viaxe para coñecer outras civilizacións e deixou o reino baixo o mando da súa esposa Isis. Seth, o irmán envexoso, sentiuse humillado, pois cría que el debería gobernar e non Isis.

Cando o deus Osiris volveu, Seth quixo facer unha gran festa de benvida e lanzou un desafío aos invitados: aquel que entrase no cofre que Seth trouxera, este regaláballo como proba de fidelidade e respecto. Moitos intentaron pero o cofre resultaba pequeno ou grande. Osiris, curioso, quixo probar e encaixoulle perfectamente ben. Seth sabía o tamaño do irmán e era por isto que o cofre serviulle como unha luva. Inmediatamente o irmán, xunto con 72 cómplices, pecharon a caixa de metal hermeticamente e arroxárona ao Nilo.

Isis, con amor e confianza, empezou a súa travesía tras o corpo do seu esposo. Logo de longas e penosas camiñadas por Exipto, a deusa atopa o cofre cos restos de Osiris. Pero o drama continúa cando Seth, na súa maldade sen fin, roubou o cadáver e cortouno en catorce pedazos que, novamente, esparció por todo o reino. Isis non se rende e, en compañía da súa irmá Neftis, a esposa de Seth, percorre cada lugar do reino. Finalmente conseguen atopar todos os pedazos con excepción do pene. Con todo Isis reconstruíu a Osiris, axudada por Anubis e Neftis, e impregnada del concibiu a Horus neno (Harpócrates), quen posteriormente vingaría ao seu pai loitando contra Seth.

Titulaturas e epítetos de Isis

Algúns dos títulos que recibiu a deusa son: "A Gran Señora", "A deusa nai", "a Señora do Ceo, da Terra e do Inframundo" (en File), "Isis en todas as súas manifestacións", "Señora de Raanefer", "A raíña de Mesen", "Señora de Hebet", "Señora de Abaton", "Señora dos países do sur", "Señora das pirámides", "a divina, a única, a máis grande de entre os deuses e deusas, a raíña de todos os deuses", "o Ollo de Ra, a coroa de Ra-Heru, Sept", "Señora do Ano Novo..."

Tumba de Thutmose III: Isis con forma de deusa árbore, aleitando ao faraón

Culto

A súa orixe é incerto, pero se estima que veu do delta do Nilo. As primeiras mencións de Isis datan da dinastía V de Exipto na cal atópanse as primeiras inscricións literarias, pero o seu culto fíxose prominente máis tarde na historia exipcia, cando se empezaron a absorber e sincretizar os cultos doutras deusas. Co tempo expandiuse fóra de Exipto, no Oriente Próximo e o Imperio romano, coa construción de templos afastados dedicados a ela, como nas Illas Británicas. Ata o século VI puidéronse atopar rastros da súa adoración na Europa crisitiana.

O templo máis importante dedicado ao seu culto estaba na illa de File. En Dendera era exposta anualmente nun quiosco do templo de Hathor, aos raios do Sol, para rexenerarse. En Giza foi venerada como "Señora das pirámides"

O seu culto propagouse por todo o Mediterráneo, resistindo a expansión do cristianismo e mantívose no templo de File durante o Imperio Romano ata que foi prohibido en tempos de Xustiniano I, no ano 535 ddC.

O culto a Isis en Hispania (España)

Hai evidencias do culto a Isis, transmitido por comerciantes, militares ou simples cidadáns gregos e romanos. Ao principio o seu veneración é popular para despois chegar ata as capas máis altas. Existiu un culto organizado, en Emérita Augusta (Mérida), Igabrum (Cabra, Córdoba) e Valentia (Valencia) e devotos en Legio (León), Astúrica Augusta (Astorga), Acci (Guadix), Saguntum (Sagunto) e Tarraco (Tarragona). Os últimos documentos referentes ao culto a Isis en Hispania datan da primeira metade do século III ddC.

O cristianismo adoptou o culto a Isis "deusa da maternidade" asimilándoa á Virxe María, cuxas maternais e protectoras imaxes están inspiradas na súa iconografía. As Virxes Negras son consideradas antigas imaxes de Isis, adaptadas posteriormente ao ritual católico.

Modelo:Jero2

Bibliografía

Véxase tamén