Álbum musical: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uz:Musiqiy albom
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sc:Album
Liña 47: Liña 47:
[[ro:Album (muzică)]]
[[ro:Album (muzică)]]
[[ru:Музыкальный альбом]]
[[ru:Музыкальный альбом]]
[[sc:Album]]
[[sh:Album]]
[[sh:Album]]
[[simple:Album]]
[[simple:Album]]

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2009 ás 20:01

Os primeiros álbums musicais tiñan forma de libro, asemellándose a álbums fotográficos

Un álbum musical é unha colección de pistas de audio relacionadas, editadas xuntas comercialmente nun formato de audio para o público.

O termno álbum orixinouse polo feito de que os discos para gramófonos de 78 r.p.m. gardábanse xuntos nun libro parecido a un álbum fotográfico. Máis tarde, álbum viu a referirse a un único LP de 33 r.p.m. de cancións ou música, xa que un disco contiña tantas cancións como un álbum de discos dos anteriores. O formato estándar da industria discográfica para música popular era un álbum de aproximadamente 12 cancións, orixinalmente o número referido ao pago de dereitos de autor.

Agora que o disco de vinilo está obsoleto, o térmo álbum aplícase a calqueira colección de gravacións de son, incluindo o CD, MiniDisc, e casete. Incluso a un conxunto de cancións postas á venda ao mesmo tempo para a súa distribución on-line nun sitio de descarga de música, se lle menciona ás veces como un álbum.

Debido á gran capacidade dos novos dispositivos, a cuestión de cuán longo debe ser un álbum está aberta a debate. Aínda que a media mantense en torno ás 11 ou 12 pistas, este valor oscila entre 7 ou 25 nalgúns casos. Para os discos de menos de 4 pistas ou 20 minutos de duración, sóense utilizar os termos sinxelo e EP en lugar de álbum, e estes, ademáis, adícanse especialmente a unha soa canción, ou a esta mesma con varios remixes ou diferentes versións. As pistas dos álbums musicais acostuman a durar entre 2 e 5 minutos.

Véxase tamén