Frédéric Mistral: Diferenzas entre revisións
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:' |
m bot Engadido: sr:Фредерик Мистрал |
||
Liña 99: | Liña 99: | ||
[[scn:Frédéric Mistral]] |
[[scn:Frédéric Mistral]] |
||
[[sk:Frédéric Mistral]] |
[[sk:Frédéric Mistral]] |
||
[[sr:Фредерик Мистрал]] |
|||
[[sv:Frédéric Mistral]] |
[[sv:Frédéric Mistral]] |
||
[[sw:Frédéric Mistral]] |
[[sw:Frédéric Mistral]] |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2009 ás 21:21
Frédéric Mistral (Maillane, 8 de setembro 1830 - 25 de marzo 1914), escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana (provenzal), membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904. O seu nome en provenzal é Frederi Mistral (/Mistrau) segundo a norma mistraliana ou Frederic Mistral (/Mistrau) segundo a norma clásica.
Biografía
Nado o 8 de setembro de 1830 en Maillane, na Provenza, fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet, polos cales emparentaba coas máis antigas familias de Provenza : Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vencelladas entre elas mesmas ; marqueses de Aurel), non foi á escola ata os nove anos de idade.
Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 e 1851, facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal « pimeira lingua literaria da Europa civilizada ». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo : « de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...) ; de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...) ; de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía ». Para Mistral, a palabra raza designa un « pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia ».
Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón: "En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa produción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademáis, polo seu significativo labor como filólogo provenzal".
Casado cunha borgoñona, Marie-Louise Rivière, da que non tería descendencia, falece o 25 de marzo de 1914 en Maillane.
Félibrige
De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas cataláns expulsos de España por Isabel II.
Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de lingua occitana.
Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.
Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige
Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da lingua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.
Mirèio
A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863.
Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar nomeadamente de Saintes Maries de la Mer.
Obras
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Frédéric Mistral |
- Mirèio (1859)
- Calendau (1867)
- Lis isclo d’or (1875)
- Nerto, novela (1884)
- La rèino Jano, drama (1890)
- Lou pouemo dóu Rose (1897)
- Moun espelido, Memòri e Raconte, memorias (1906)
- Discours e dicho (1906)
- La genèsi, traducho en prouvençau (1910)
- Lis óulivado (1912)
- Lou tresor dóu felibrige (1878-1886), dicionario provenzal-francés
- Proso d’Armana (póstumo) (1926, 1927, 1930)
- Coupo Santo (1867)