Cuestor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Квестор
Liña 48: Liña 48:
[[sv:Quaestor]]
[[sv:Quaestor]]
[[tr:Quaestor]]
[[tr:Quaestor]]
[[uk:Квестор]]
[[zh:財務官]]
[[zh:財務官]]

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2009 ás 19:36

Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Os primeiros cuestores foron xuíces encargados dos casos de asasinato e de insurrección ou alta traizón. Co tempo a súa denominación máis común foi Decumviri Perduillionis et parricidii. Eran nomeados para cada caso e non constituían unha maxistratura permanente.

A fins do Século III a.C os decumviri ou cuestores perderon as súas atribucións xudiciais que pasaron aos triunviri nocturni.

Simultaneamente a estes cuestores xudiciais existiron os cuestores administrativos, nos cales delegaba ao rei a administración dos fondos públicos. Coa república as súas funcións pasaron aos cónsules que as delegaron en dous cuestores civís (para o Tesouro público) e dous cuestores militares (para as arcas do Exército). Máis tarde o seu nomeamento pasou aos comicios tribunados.

Estes catro cuestores eran patricios ata que o 345 ab urbe condita, os plebeos puideron ocupar tres das catro prazas.

Tamén existiron catro cuestores da Mariña, encargados da administración das catro bases navais romanas.

Finalmente establecéronse, xunto aos cuestores existentes, os cuestores Itálicos, con competencias para coordinar os censos da parte de Italia sometida a Roma.

Véxase tamén

Outros artigos