Williamina Fleming: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Williamina Fleming
aumentado desde es:Williamina Fleming
Liña 1: Liña 1:
'''Williamina Paton Stevens Fleming''' ([[1857]]-[[1911]]). Astrónoma de finais do século XIX, en [[Harvard]] ([[EEUU]]), onde o director do Observatorio conseguiu cincoentamil dólares para axudala a ela e tamén a aquelas astronomas que ó igual que ela estaban comezando. Foi axudada por [[Henrieta Swan]].
'''Williamina Paton Stevens Fleming''', nada en [[Dundee]] o [[15 de maio]] de [[1857]] e falecida en [[Boston]] o [[21 de maio]] de [[1911]], foi unha [[astronomía|astrónoma]] [[EUA|estadounidense]] de orixe [[Escocia|escocesa]].


'''Mina Fleming''' asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces, actuando de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema ''[[pupil-teacher]]''<ref>(en inglés) [http://www.lgfl.net/lgfl/accounts/holnet/upload/lsb/teachers/pupils.htm pupil-teacher]</ref>. En maio de [[1877]], con 20 anos, casou con [[James Orr Fleming]], transladándose ao ano seguinte aos Estados Unidos de América, asentándose en [[Boston]], [[Massachusetts]]. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, véndose obrigada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como ao seu fillo Edward.

Traballou como empregada do fogar na casa de [[Edward Charles Pickering]], un famoso profesor de [[astronomía]], e director do [[Hardvard College Observatory]]. Pickering estaba frustrado co seu asistente masculino, e declaró que a súa asistenta podería levar a cabo mellor o seu traballo.

En [[1881]], Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutinarias de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, correxiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidad do [[hidróxeno]] observado no seu [[espectro atómico|espectro]]. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a [[Annie Jump Cannon]] como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na [[temperatura]]. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.

Fleming contribuíu na confección do [[catálogo Henry Draper]], e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 [[nebulosa]]s gasosas, 310 [[estrela variable|estrelas variables]], e 10 [[nova]]s. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En [[1907]] publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en [[1910]] descubriu propiedades dos espectros das [[anana branca|ananas brancas]], estrelas moi densas e moi quentes.

En [[1888]] Fleming descubriu a [[nebulosa Cabeza de Cabalo]]. William Pickering, que tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese [[materia escura]] oculta. Nos artigos e libros seguintes Williamina Fleming non aparece nos créditos, xa que [[John Dreyer]], o principal encargado de recompilar información para o primeiro [[Catálogo Índice]], eliminou o seu nombre da lista de obxectos que descubriron, atribuíndo todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de [[1908]], Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.

En [[1899]] Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en [[Harvard]], tratándose do primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. En [[1906]] logrou unha praza honoraria na [[Royal Astronomical Society]] de Londres, sendo a primeira muller en ser elexida, e consiguiu un premio honorario do [[Wellesley College]]. Pouco despois da súa morte, a [[Sociedad Astronómica de México]] galardonouna coa medalla [[Guadalupe Almendaro]] polo descubrimento de novas estrelas.

Morreu de [[pulmonía]] en [[Boston]].

==Obra==
*''Draper Catalogue of Stellar Spectra'' ([[1890]])
*''A Photographic Study of Variable Stars'' ([[1907]])
*''Spectra and Photographic Magnitudes of Stars in Standard Regions'' ([[1911]])

==Referencias==
{{referencias}}
*Cannon, A. J.. [http://articles.adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-iarticle_query?1911ApJ....34..314C "Williamina Paton Fleming"], en ''[[The Astrophysical Journal]]'' n.º 34, p. 314.

==Ligazóns externas==
*[http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/bib_query?1990PASP..102.1337W The discovery of early photographs of the Horsehead nebula, by Waldee & Hazen] {{en}}
*[http://home.earthlink.net/~astro-app/horsehead/B33-19thC_4.htm The Horsehead Nebula in the 19th Century, by Waldee] {{en}}


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2009 ás 21:16

Williamina Paton Stevens Fleming, nada en Dundee o 15 de maio de 1857 e falecida en Boston o 21 de maio de 1911, foi unha astrónoma estadounidense de orixe escocesa.

Mina Fleming asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces, actuando de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema pupil-teacher[1]. En maio de 1877, con 20 anos, casou con James Orr Fleming, transladándose ao ano seguinte aos Estados Unidos de América, asentándose en Boston, Massachusetts. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, véndose obrigada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como ao seu fillo Edward.

Traballou como empregada do fogar na casa de Edward Charles Pickering, un famoso profesor de astronomía, e director do Hardvard College Observatory. Pickering estaba frustrado co seu asistente masculino, e declaró que a súa asistenta podería levar a cabo mellor o seu traballo.

En 1881, Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutinarias de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, correxiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidad do hidróxeno observado no seu espectro. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a Annie Jump Cannon como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na temperatura. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.

Fleming contribuíu na confección do catálogo Henry Draper, e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 nebulosas gasosas, 310 estrelas variables, e 10 novas. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En 1907 publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en 1910 descubriu propiedades dos espectros das ananas brancas, estrelas moi densas e moi quentes.

En 1888 Fleming descubriu a nebulosa Cabeza de Cabalo. William Pickering, que tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese materia escura oculta. Nos artigos e libros seguintes Williamina Fleming non aparece nos créditos, xa que John Dreyer, o principal encargado de recompilar información para o primeiro Catálogo Índice, eliminou o seu nombre da lista de obxectos que descubriron, atribuíndo todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de 1908, Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.

En 1899 Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en Harvard, tratándose do primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. En 1906 logrou unha praza honoraria na Royal Astronomical Society de Londres, sendo a primeira muller en ser elexida, e consiguiu un premio honorario do Wellesley College. Pouco despois da súa morte, a Sociedad Astronómica de México galardonouna coa medalla Guadalupe Almendaro polo descubrimento de novas estrelas.

Morreu de pulmonía en Boston.

Obra

  • Draper Catalogue of Stellar Spectra (1890)
  • A Photographic Study of Variable Stars (1907)
  • Spectra and Photographic Magnitudes of Stars in Standard Regions (1911)

Referencias

  1. (en inglés) pupil-teacher

Ligazóns externas

Véxase tamén