Nutrición autótrofa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Alga volvox.png|right|400px|thumb|A alga [[Volvox]] é un ser con nutrición autótrofa.]]
[[Ficheiro:Alga volvox.png|right|400px|thumb|A alga [[Volvox]] é un ser con nutrición autótrofa.]]
A '''nutrición autótrofa''' (de ''autos'', "por si mesmo", e ''trofo'', "que se alimenta") é o tipo de [[nutrición]] característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizar substancias esencias para o seu [[metabolismo]] partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos:
A '''nutrición autótrofa''' (de ''autos'', "por si mesmo", e ''trofo'', "que se alimenta") é o tipo de [[nutrición]] característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu [[metabolismo]] partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos:


*A [[fotosíntese]] dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos).
*A [[fotosíntese]] dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos).
Liña 7: Liña 7:
==Tipos de organismos autótrofos==
==Tipos de organismos autótrofos==
===Os fotosintéticos===
===Os fotosintéticos===
A [[fotosíntese]] é un dos procesos metabólicos máis importantes levado a cabo pola natureza, xa que a [[materia orgánica]] se sintetiza ó longo del. Realízase nos [[cloroplasto]]s das [[Célula vexetal|células vexetais]], onde se localizan os pigmentos fotosintéticos capaces de absorber e captar a enerxía luminosa procedente do [[sol]]. Estes pigmentos son a [[clorofila]] (verde), as [[xantófila]]s (amarelas) e os [[carotenoide]]s (alaranxados).
A [[fotosíntese]] é un dos procesos metabólicos máis importantes desenvolvidos na [[natureza]], xa que a [[materia orgánica]] sintetízase durante este proceso. Realízase nos [[cloroplasto]]s das [[Célula vexetal|células vexetais]], onde se localizan os pigmentos fotosintéticos capaces de absorber e captar a enerxía luminosa procedente do [[sol]]. Estes pigmentos son a [[clorofila]] (verde), as [[xantófila]]s (amarelas) e os [[carotenoide]]s (alaranxados).


====Fases da fotosíntese====
====Fases da fotosíntese====
Liña 20: Liña 20:
<center>[[Luz solar]] + [[Dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] + [[Auga|H<sub>2</sub>O]] + [[Sal mineral|Sales minerais]] --> [[Materia orgánica]] + [[Osíxeno molecular|O<sub>2</sub>]]</center>
<center>[[Luz solar]] + [[Dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] + [[Auga|H<sub>2</sub>O]] + [[Sal mineral|Sales minerais]] --> [[Materia orgánica]] + [[Osíxeno molecular|O<sub>2</sub>]]</center>


:*O [[catabolismo]] é a fase de destrución, onde mediante a [[respiración celular]] nas [[mitocondrias]], se obtén enerxía bioquímica grazas á oxidación da materia.
:*O [[catabolismo]] é a fase de destrución, onde mediante a [[respiración celular]] nas [[mitocondrias]], obtense enerxía bioquímica grazas á oxidación da materia.


:*O [[anabolismo]] é a fase de construción na que se utiliza a enerxía da fotosíntese do catabolismo para a [[síntese de moléculas]] ricas en enerxía.
:*O [[anabolismo]] é a fase de construción na que se utiliza a enerxía da fotosíntese do catabolismo para a [[síntese de moléculas]] ricas en enerxía.

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2009 ás 21:18

A alga Volvox é un ser con nutrición autótrofa.

A nutrición autótrofa (de autos, "por si mesmo", e trofo, "que se alimenta") é o tipo de nutrición característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos:

  • A fotosíntese dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos).
  • A quimiosíntese dos organismos quimiolitróficos realizada por bacterias mediante a oxidación de compostos inorgánicos (anhídrido sulforoso ou compostos ferrosos) para producir enerxía.

Tipos de organismos autótrofos

Os fotosintéticos

A fotosíntese é un dos procesos metabólicos máis importantes desenvolvidos na natureza, xa que a materia orgánica sintetízase durante este proceso. Realízase nos cloroplastos das células vexetais, onde se localizan os pigmentos fotosintéticos capaces de absorber e captar a enerxía luminosa procedente do sol. Estes pigmentos son a clorofila (verde), as xantófilas (amarelas) e os carotenoides (alaranxados).

Fases da fotosíntese

Artigo principal: Fotosíntese.
Diagrama dun cloroplasto onde se realiza a fotosíntese.
  • Paso de membrana: proceso no que as moléculas inorgánicas sinxelas (auga, sales minerais e dióxido de carbono) atravesan a membrana celular da propia célula por absorción directa, sen gasto enerxético.
  • Metabolismo: é o conxunto de reaccións químicas que acontecen no citoplasma celular, e que teñen por resultado a obtención de enerxía bioquímica utilizable pola célula e a fabricación da súa propia materia celular.

A súa vez este proceso presenta tres fases:

  • A fotosíntese en si: onde se parte de materia inorgánica para a dar lugar a materia orgánica, principalmente de azucres (na fase escura), coa axuda da enerxía bioquímica que produce a clorofila a partir da enerxía solar (fase luminosa). A principal fonte é o dióxido de carbono do aire. Acontece nos cloroplastos e a súa ecuación xeral é a seguinte:
Luz solar + CO2 + H2O + Sales minerais --> Materia orgánica + O2
  • Excreción: é a eliminación, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo procedentes do metabolismo. O osíxeno libérase pois como produto residual e logo é utilizado pola meirande parte dos organismos para a súa respiración celular.

Os quimiosintéticos

Son seres que non precisan da luz do sol para obter enerxía para a construción da súa propia materia orgánica. Estes seres conseguen a enerxía mediante a oxidación dalgunhas moléculas inorgánicas (basicamente algúns compostos de ferro, nitróxeno e xofre). Todos os seres que realizan este tipo de procesos pertencen ao reino das moneras, onde se atopa o grupo das bacterias.

Seres autótrofos na cadea trófica

Como membros da cadea trófica, os organismos produtores son unha parte esencial, xa que absorben a enerxía solar e aproveitan as fontes inorgánicas transfórmandoas en produtos orgánicos. Finalmente estas substancias serán empregadas nas funcións biolóxicas da propia célula e tamén por outros seres vivos (os heterótrofos) que se alimenten delas. Para os heterótrofos, a obtención de enerxía débese á rotura dos enlaces das moléculas inxeridas e na posterior elaboración das propias substancias.

Véxase tamén

Outros artigos