Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños diversos
Nallimbot (conversa | contribucións)
Liña 35: Liña 35:
[[ko:교황 우르바노 6세]]
[[ko:교황 우르바노 6세]]
[[la:Urbanus VI]]
[[la:Urbanus VI]]
[[mk:Папа Урбан VI]]
[[mr:पोप अर्बन सहावा]]
[[mr:पोप अर्बन सहावा]]
[[nl:Paus Urbanus VI]]
[[nl:Paus Urbanus VI]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2009 ás 21:25

Modelo:PapS-XIV

Papa Urbano VI

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, accrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses logo a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á eleizón de Roberto da Ginevra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abríu a vía ao Grande Cisma, que divíu a cristiandade durante case cuarenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizárones polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido con a soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixíuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente con a intención de tomar Nápoli para o seu nipote, se non para si mesmo.

Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas

Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trintatres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeulle Bonifacio IX.