Hérulos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m o modelo {{Fusión}} soporta o parámetro {{{1}}}
m bot Engadido: la:Heruli
Liña 19: Liña 19:
[[hu:Herulok]]
[[hu:Herulok]]
[[it:Eruli]]
[[it:Eruli]]
[[la:Heruli]]
[[lt:Herulai]]
[[lt:Herulai]]
[[nl:Herulen]]
[[nl:Herulen]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2009 ás 12:21

Os hérulos son os membros dun antigo pobo xermánico que invadiu o Imperio Romano no século III.

O antigo pobo xermano hérulo foi case con total seguridade expulsado de Escandinavia ao longo do século III. Segundo algúns historiadores medievais, os seus integrantes aliáronse cos godos e participaron con eles en varias expedicións levadas a cabo ao redor das costas dos mares Negro e Exeo (260). A principios do século VI, os longobardos venceron ao pobo hérulo e disolveron o seu reino, situado na conca do río Elba. Algúns dos seus integrantes emigraron a Escandinavia e outros enroláronse como mercenarios no exército do Imperio Romano de Oriente. Un xefe hérulo, Odoacro, depuxo ao último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476 e foi nomeado rei de Italia polas súas tropas. Gobernou Italia do 476 ao 493, ata que os ostrogodos combateron e venceron o seu exército, instalándose na península Itálica.