Basilio I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
ArthurBot (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:
[[fi:Basileios I]]
[[fi:Basileios I]]
[[fr:Basile Ier]]
[[fr:Basile Ier]]
[[he:בסיליוס הראשון]]
[[he:בסיליוס הראשון, קיסר האימפריה הביזנטית]]
[[hr:Bazilije I. Makedonac]]
[[hr:Bazilije I. Makedonac]]
[[hu:I. Baszileiosz]]
[[hu:I. Baszileiosz]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2009 ás 18:05

Basilio I e o seu fillo León VI.

Basilio I (chamado o Macedonio, 811 - 29 de agosto de 886), emperador bizantino, naceu nunha familia procedente de Armenia (de orixe non-eslava), asentada en Macedonia.

Pasou parte da súa nenez en catividade en Bulgaria, onde a súa familia viviu cativa do príncipe búlgaro Krum desde 813. Logrou escapar e tivo ademais a fortuna de entrar ao servizo de Teofilitzes, un parente do césar Bardas (tío do emperador Miguel III 'o Borracho'), como paxe. Estando ao servizo deste, visitou a cidade de Patras, onde se gañou o favor de Danielis, unha rica dama que o tomou ao seu servizo e o dotou dunha gran fortuna. Por outra banda, pronto lograría tamén converterse en compañeiro e membro da garda persoal (parakoimomenos) de Miguel III.

Para aumentar o seu favor ante Miguel III, divorciouse da súa esposa e casou con Eudocia Ingerina, unha das amantes de Miguel. Sempre se creu que León VI, o sucesor de Basilio e o seu suposto fillo, era en realidade fillo de Miguel. Basilio conseguiu entón matar a Bardas, que gobernaba de feito o Imperio en lugar de Miguel; o que levou a cabo co consentimento do emperador en abril de 866, e tan só unha semanas despois Basilio era nomeado ‘’césar’’. Por entón poucos imaxinarían que Basilio ía ser capaz de gobernar o Imperio por si mesmo, pois era famoso por levar a mesma vida desordenada e orxiástica que o seu amigo o emperador Miguel, pero en setembro de 867 asasinou a Miguel e comezou a reinar en solitario.

Basilio inauguraba así unha nova era na historia do Imperio, que se asocia tradicionalmente coa nova dinastía que acababa de fundar: a Dinastía Macedónica. Tratouse dun período de expansión territorial durante o cal o Imperio se converteu na maior potencia da Europa do momento.

A causa do extenso traballo lexislativo que Basilio levou a cabo, que consistiu na recuperación e posta ao día da compilación de Xustiniano I, adóitase coñecelo como o "segundo Xustiniano". As leis foron compiladas nas Basilica, que comprendían sesenta libros, e ademais preparáronse certos manuais xurídicos menores chamados Prochiron e Eisagoge. León VI completaría esta compilación lexislativa. Por outra banda, a administración fiscal de Basilio resultou ser bastante prudente.

A súa política eclesiástica destacou polas boas relacións con Roma. Unha das súas primeiras medidas consistiu en enviar ao exilio ao patriarca de Constantinopla Focio, restaurando ao Ignacio I, cuxos dereitos contaban co apoio do Adrián II. Con todo, Basilio non tiña a intención de someterse a Roma máis aló de certa medida. A decisión do tsar búlgaro Boris I de Bulgaria de someter á nova igrexa búlgara á xurisdición de Constantinopla supuxo un gran golpe para Roma, que pretendía facerse co seu control. En 877 Focio volveu ao patriarcado, e produciuse un certa ruptura, aínda que non formal, con Roma. Sería un fito máis na serie de conflitos que levaron ao Cisma de Oriente que deu lugar á separación das igrexas Católica Romana e Ortodoxa Grega.

O seu reinado estivo marcado por unha conflitiva guerra cos herexes bogomilos, herdada do seu predecesor. Recuperouse Chipre, pero só se puido manter durante sete anos; tamén se reconquistou Bari e gran parte de Calabria, aínda que se perdeu Siracusa en Sicilia. Os éxitos militares en Italia abriron un novo período de dominación bizantina en dita península. Pero, por encima de todo, os bizantinos foron de novo señores do Mediterráneo e especialmente do Adriático.

Basilio reinou durante 19 anos. A súa morte, o 29 de agosto de 886 debeuse a unhas febres contraídas tras un grave accidente de caza.


Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel III
Basilio I
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Macedonia